InicioPolíticaVídeo: O BNG presenta o seu equipo para a alcaldía de Vigo,...

Vídeo: O BNG presenta o seu equipo para a alcaldía de Vigo, apostando polo feminismo e a mocidade

O BNG vén de presentar no monte do Castro a súa candidatura final.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG vigués presentou este sábado no monte do Castro a súa candidatura ao completo, coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio. Unha lista con 27 homes e mulleres, aseguran, “dispostos a cambiar o rumbo da cidade e darlle a Vigo o impulso que merece cun proxecto feminista, aberto a escoitar todas as voces e cunha clara representación do que é a cidade”.

A candidatura foi definida polo seu primeiro de lista, Xabier P. Igrexas, como “unha representación do Vigo que queremos construír, con movementos sociais, xente do tecido cultural, xente do mundo do traballo, mulleres, mulleres bravas, mulleres feministas, e moita mocidade”.

Presentación do BNG en Vigo/ Miguel Núñez

Defende Igrexas que é unha candidatura “diversa, como diversa tamén é a cidade”, e pediu aos votantes entrar de novo no Concello, onde na actualidade están presentes PSOE, PP e Marea de Vigo.

Ana Pontón na presentación do BNG en Vigo/ Miguel Núñez

“Para facer de Vigo unha cidade para o pobo onde os problemas das persoas sexan o primeiro”, apuntalou, “unha cidade de iguais cun compromiso radicalmente feminista cun proxecto de transformación que só o BNG pode liderar”.

 

No acto de presentación quixo estar tamén Ana Pontón, portavoz nacional, arroupando un proxecto que cre determinante para Vigo e co que o BNG busca recuperar o seu papel no Concello.

Pontón destacou que o candidato que propón o Bloque para Vigo é unha persoa nova cunha equipa que leva anos traballando por un Vigo mellor: “ Vigo precisa un proxecto que vaia máis alá das luces e dos decorados, que aposte pola innovación e por mellorar a calidade da xente”.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...