InicioSociedadeA Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A cadea de valor da organización xera 855 millóns de euros de produción e sostén máis de 4.800 postos de traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo, presentou este martes o informe ‘Impacto económico e social das empresas pesqueiras asociadas a Interfish-España’. O estudio sitúa á organización como un “alicerces estratéxico” para a economía e a soberanía alimentaria do país, calculando que a súa cadea de valor xera 855 millóns de euros de produción e 289 millóns de valor engadido bruto (VAB). O acto contou coa presenza do delegado do Estado da Zona Franca, David Regades; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e o xerente de Opromar, Juan Carlos Martín Fragueiro, entre outros.

Segundo os datos do profesor Xavier Martínez Cobas, autor do informe, o efecto total das empresas asociadas permite o mantemento de 4.813 postos de traballo. Estas entidades achegan proteína mariña de calidade a partir de máis de 26.000 toneladas de peixe e contribúen á mellora de sete Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Pola súa banda, David Regades destacou que os datos amosan un ecosistema económico sólido que vai máis alá da actividade extractiva, mentres que Martín Fragueiro subliñou que o informe ofrece unha imaxe fiel do sector do palangre en superficie, unha frota integramente galega que opera nos tres grandes océanos.

DATOS

O informe detalla que o impacto directo da produción extractiva alcanzou os 115,68 millóns de euros, mentres que a actividade comercializadora estimada chegou aos 257,12 millóns. No ámbito social, xeráronse 691 empregos directos, con 29,99 millóns en retribucións e 4,06 millóns en impostos. O impacto indirecto sobre provedores ascendeu a 172 millóns de euros en produción e 1.523 postos de traballo, mentres que o impacto inducido xerou 311,01 millóns en produción e outros 2.598 empregos, o que evidencia a capacidade de arrastre do sector.

En conxunto, o funcionamento desta cadea de valor impulsa 161 millóns de euros en consumo, 79 millóns en investimento e 72 millóns en exportacións. As rendas mixtas derivadas da actividade alcanzan os 124 millóns de euros e a contribución fiscal total para o benestar social elévase ata os 51 millóns de euros en impostos, consolidando o papel decisivo da pesca na economía galega e estatal.

ÚLTIMAS

A hostalería carga contra a taxa turística de Vigo: “Non hai masificación e pode prexudicar a economía local”

A Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra (Feprotur) lamentou que a taxa...

A Audiencia condena a case 17 anos de prisión o home que prendeu lume á súa exparella en Vigo

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 16 anos, 11 meses...

Caballero garantiza a auga a Baiona un día despois de dicir que podía cortarlla: “É porque a Xunta non fai nada”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que garante a subministración de...

Un coche sae da vía na VG-20 de Vigo e provoca retencións ao quedar no medio da calzada

A autovía VG-20 de Vigo volveu rexistrar un novo accidente na tarde deste martes,...