InicioCulturaVigo despide entre tristura e eloxios a libraría Andel, que defendeu por...

Vigo despide entre tristura e eloxios a libraría Andel, que defendeu por dúas décadas a literatura galego-portuguesa

O fin de Andel pon en evidencia unha vez máis o risco que corre a nosa literatura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Moitos autores e intelectuais falaron xa do medo ao futuro, así como das diferentes posturas que unha persoa pode manter con respecto a el. Un deles foi Alberto Eco, que dividía entre “apocalípticos e integrados”. Os primeiros serían os que ven todo cambio como a peor, porque a entropía sempre crece. Noutras palabras: todo tempo pasado foi mellor.

O certo é que desde este venres costa un poco máis manterse ‘integrado’ en Vigo, posto que a libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) pecha as súas portas, e o fixo como non podía ser doutra maneira, cunha sentida homenaxe que incluíu mesmo un recital poético.

ninguén se quixo perder o acto

A libraría Andel, especializada en literatura en galego e portugués, extingue a súa vida tras dúas dilatadas décadas como tenda física. Nacera un chisco antes como sitio web para a venda online.

o recital

Durante a noite deste venres, os seus mellores clientes cruzaron por derradeira vez as portas da libraría Andel para despedila como se merece. Retratos de Castelao e Rosalía vixiaban a entrada.

O lugar, que o director de Xerais Manuel Bragado vén de definir como “fantasía necesaria”, encheuse ata os topes para dicir unhas palabras fermosas. Que triste funeral, sobre todo se non hai resurrección.

a derradeira ollada

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...