InicioSociedadeFrancisco R. Pastoriza analiza en profundidade a obra xornalística do político galeguista...

Francisco R. Pastoriza analiza en profundidade a obra xornalística do político galeguista Johán Carballeira

Carballeira motivou o avance do xornalismo galego coa súa aposta da entrevista e a reportaxe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xornalista e político galeguista Johán Carballeira deixou trala súa morte e aínda co paso dos séculos unha fonda pegada na sociedade do país. Sobrevívenlle un instituto co seu nome, unha estatua no centro de Bueu, premios xornalísticos na súa honra…

E recentemente o xornalista Francisco R. Pastoriza vén de presentar na galería Sargadelos de Vigo o seu ensaio “A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira)” (Ed. Laiovento). Tamén interviu no acto Carlos Núñez, ex concelleiro vigués e membro do Instituto de Estudios Vigueses.

Aínda que Carballeira non é máis que o seudónimo que tivo que adoptou o vigués José Gómez de la Cueva en plena segunda república, en tempos de tan alta convulsión social. Apresárono os franquistas durante a guerra, tras facerse un nome principalmente polas súas páxinas literarias no Faro de Vigo ou as colaboracións con outros medios como El Pueblo Gallego.

Carballeira foi amigo de intelectuais como Rafael Dieste, fundou a revista viguesa Gaceta de Galicia, entrevistou a Pedrayo e Colmeiro e transgrediu coa súa aposta por novos xéneros como a reportaxe.

Francisco R. Pastoriza/ Miguel Núñez

Pola súa banda, Francisco Rodríguez Pastoriza (Bueu-Pontevedra, 1952), autor do ensaio “A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira)”,  foi Profesor de Información cultural na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid e do Máster de Periodismo Cultural da Universidade CEU San Pablo.

Tamén foi xornalista de TVE e adxunto ao Área de Cultura dos Servicios Informativos de esta cadena. É autor, entre outros, dos libros “Qué es la fotografía” (Lunwerg), “Periodismo cultural” (Síntesis), ou “Cultura y televisión. Una relación de conflicto (Gedisa)”.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...