Este mércores 13 de marzo organizouse na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa), co apoio do Concello de Vigo, un recital aberto de poesía de xénero conducido pola escritora viguesa Iolanda Zúñiga, e que contou coa participación de María Xosé Queizán.
Este acto, de entrada libre, enmarcouse dentro do programa de actos que organizan este mes de marzo a Consello Municipal da Muller de Vigo e a Concellería de Igualdade, coa presencia da concelleira Uxía Blanco, con motivo do Día Internacional das Mulleres. Os actos continuarán os seguintes días, rematando o venres 22 coa proxección de 3 curtas.