InicioCulturaRamón Porrina, xenio e figura do caixón flamenco, ofrece Masterclass en Vigo...

Ramón Porrina, xenio e figura do caixón flamenco, ofrece Masterclass en Vigo e Ponteareas

a

PUBLICADO O

Está de xira por Vigo e Ponteareas Ramón Suárez, coñecido como “Ramón Porrina”. Fillo do cantaor Ramón “O Portugués” e neto de “Porrina de Badajoz”, é un dos pioneros do caixón, por así dicilo o primeiro. Colaborou en discos tan importantes como “Potro de Rabia y Miel” de Camarón de la Isla ou “Zyryab” de Paco de Lucía, e traballou en compañías tan importantes como a de Joaquín Cortés ou Antonio Canales.
Dentro do cante flamenco gravou con cantaores como Enrique Morente, José Mercé, Miguel “El Rubio”, Diego “El Cigala”, Duquende, Potito, Montse Cortés, La Tana, Niña Pastori, Estrella Morente,Tomatito, Vicente Amigo, Gerardo Núñez, El Viejin, Rafael Riqueni, Enrique de Melchor, Jesús de Rosario, Niño Josele, Diego del Morao, Ramón Jimenez…
P- ¿Que o trae a Vigo?
R- Nos últimos anos separadamente das actuacións musicais co meu grupo, percorro España dando clases de percusión difundindo o caixón flamenco. Este instrumento tomou unha proxección internacional a partir da súa incorporación á música flamenca feita por Paco de Lucía. Teño previsto impartir dous Masterclass: a primeira en Backstage Guitars de Vigo o día 9 de marzo e o día 10 na Escola de Música Moderna e danza CDM de Ponteareas.
P- ¿Como nace a súa paixón pola música flamenca?
R- Son parte dunha familia tradicional da música flamenca, o meu avó foi unha figura emblemática da nosa música e o meu pai aínda o é.
P- ¿Ten seguidores en Galicia o Caixón Flamenco?
R- Este instrumento está en pleno apoxeo en toda España e o mundo, pero en Galicia ten unha longa tradición na percusión acompañando á gaita. Podemos citar instrumentos como a Pandereta, o Tamboril, os Tambores, o Pandeiro Cadrado, as Pandeiras, o Bombo, etc. Así como en Andalucía a guitarra é o instrumento central, en Galicia a percusión é fundamental para a súa folclore. Os percusionistas galegos de hoxe intentan ampliar a súa formación aprendendo a utilizar o Caixón Flamenco.
P- ¿Que expectativa ten destes dous cursos?
R- Estamos tendo unha importante demanda de prazas desde que o anunciamos. Aínda que aínda nos quedan algunhas libres, estamos pensando ampliar outra clase complementaria, no caso de que se apunten máis alumnos.
P- ¿É necesario ter coñecementos de música para facer o curso?
R- Non, soamente sentir a música e ter ganas de aprender. O curso son tres horas pola mañá e tres pola tarde.
P- Os interesados ¿a donde deben dirixirse?
R- O coordinador desta iniciativa é o guitarrista, compositor e cantautor vigués “Tono Alcalde”, co apoio de Backstage Guitars e dZetta Music Center de Vigo e o CDM de Ponteareas. Tamén será o meu colaborador no propio curso, dada a súa experiencia na música flamenca. O teléfono de inscripción é o 647 519 326.

ÚLTIMAS

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Stellantis Vigo volve apelar á “flexibilidade” e redución de custos ante a competencia “desapiadada”

O director de Stellantis Vigo, José Luís Alonso Mosquera, apelou este venres á "flexibilidade"...

O financiamento de ‘Peiraos do Solpor’ enfronta a Caballero e Autoridade Portuaria, que se piden mutuamente “lealdade institucional”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu novamente este xoves contra o Porto olívico, ao que...

Carla Simón desenterra en Cannes os recordos dunha xeración “perdida” pola sida co filme ‘Romería’, rodada en Vigo

A cineasta Carla Simón desenterrou no Festival de Cannes os recordos da xeración dos...