InicioMovementos SociaisFernando Marín, presidente de DMD Madrid: "A Xunta non está difundindo o...

Fernando Marín, presidente de DMD Madrid: “A Xunta non está difundindo o dereito a morrer dignamente”

"Habería que facer unha 'autopsia social', pero a morte voluntaria segue a ser un tabú", subliña o voceiro de Derecho a Morir Dignamente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fernando Marín é o presidente da asociación Derecho a Morir Dignamente en Madrid. Recentemente participou nunha conferencia na nosa cidade, e aproveitamos para falar con el sobre este tema tan poucas veces abordado polos medios.

P- Hai diferencias entre a concepción da morte en Galicia e Madrid?

R- Non creo, o que si é certo é que nas zonas urbanas é máis sinxelo falar da morte. No rural a morte queda como un tabú, é dicir, algo do que é mellor non falar, cando chega chegou e xa está.

P- Moitas veces se di que non se debe falar de temas como o suicidio nos medios porque provocaría un aumento dos mesmos por imitación. Que opina ao respecto?

R– En primeiro lugar, os mozos non len a prensa, e evitar falar do suicidio por imitación non ten sentido de tódolos xeitos. Débese ter coidado, se cadra non dar algúns detalles, como o método, pero si que convén profundizar nas causas, falar abertamente e en profundidade.

De tódolos xeitos, a pesar de que poidan compartir desenlace, non teñen moito ver o suicidio que chega por problemas puntuais moi fortes, é dicir, unha crise existencial; por transtorno mental ou trala decisión meditada dunha persoa madura e perfectamente consciente. En calquera caso, pensar que un artigo publicado nunha revista causa un suicidio é darlle moi pouca importancia e valor á liberdade dunha persoa.

P- Hai unha gran diferencia entre xéneros nas estatísticas do suicidio.

R- En España suicídanse tres homes por cada muller, e esta mesma proporción dase en calquera país. As mulleres inténtano tres veces máis, pero fallan máis porque os seus métodos son menos letais. Si que nos países nórdicos estas variables se asemellan un pouco máis.

Fernando Marín, nunha xornada de DMD en Vigo/ Miguel Núñez

P- O número de suicidios é moito maior nas sociedades desenvolvidas. Por que?

R- A esperanza de vida aumenta, e con ela o grupo social máis proclive ao suicidio: os homes maiores que viven sós.

P- E non se fala destes asuntos, a pesar do dramático das cifras.

R- España comparte as cifras de suicidio dos países mediterráneos, pero seguro que hai mil máis dos que se declaran nun principio. Por exemplo, poñamos o caso de cando alguén morre nun accidente de tráfico e se demostra máis tarde que antes esa mesma persoa se intoxicara. Así que aos 3.679 suicidios anuais que ocorren en España segundo o INE ben poderíamos engadir 1.000 máis, os dos institutos de medicina legal, que non constan no certificado de defunción, co que o INE fai a estatística. Habería que facer unha ‘autopsia social’, pero a morte voluntaria segue a ser un tabú.

Xornada de DMD en Vigo/ Miguel Núñez

P-Como resumiría o papel de DMD, a súa asociación?

R- Nós intentamos promover unha cultura da morte digna e os dereitos que leva aparellada, que cada un morra como o desexa. A partir da nosa base social de socios, tentamos traer á reflexión a importancia de como morimos. Soamente en Bélxica e Holanda se regulou a eutanasia. Hai persoas en España que non poden moverse e queren contar coa opción de morir, pero agardan para poder facelo legalmente.

Xornada de DMD en Vigo/ Miguel Núñez

P- Ve evolucións na concepción da morte en Galicia nos últimos anos?

R- Os galegos e galegas son cada día máis libres, e queren tomar as súas propias decisións, aínda que a Xunta non está promovendo nin axudando á difusión do dereito a morrer dignamente.

Fernando Marín, nunha xornada de DMD en Vigo/ Miguel Núñez

P- Normalmente, que razóns leva aos socios de DMD a achegarse á asociación e participar con ela?

R- Pode ser unha experiencia de morte cercana, que ocorreu de mala maneira, e non queren que lles pase nun futuro algo similar a eles ou os seus. Tamén hai xente que entra por un compoñente ideolóxico, ao coñecer casos como o de Ramón Sampedro. Ou persoas ás que chegou unha mala noticia e queren coñecer como afrontala.

Xornada de DMD en Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...