InicioSociedadeVídeo: Caballero destaca a futura estación do AVE en Vigo "entre os...

Vídeo: Caballero destaca a futura estación do AVE en Vigo “entre os grandes proxectos da arquitectura universal”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde anunciou este luns a súa intención de recuperar a fachada de pedra da antiga estación de tren de Vigo -desmontada nos oitenta e almacenada en Redondela- para emprazala xunto ao acceso á nova estación do AVE de Urzáiz, deseñada por Thom Mayne. O arquitecto estadounidense visitou pola mañá a cidade, e Abel Caballero referiuse a el como un “xenio da arquitectura”.

Thom Mayne e Caballero/ Miguel Núñez

Abel Caballero considera que é o “momento da recuperación dunha parte da historia da cidade” e propón a Thom Mayne que a fachada de pedra da antiga terminal se reproduza xunto ao muro da Praza da Estación, ao lado da que será a nova entrada ao inmoble ferroviario deseñado polo premiado arquitecto.

Futuro proxecto da estación do AVE/ Miguel Núñez

“Queremos recuperar unha parte da nosa memoria”, explicou o alcalde, quen manifestou que tiña unha “gran expectativa” na visita á cidade de Thom Mayne, unha década despois da última.

a expresividade dun mestre arquitecto

Caballero asegura que a futura estación do AVE de Vigo, pola “categoría e calidade” do arquitecto e por ser lugar de “encontro cidadá”, se converterá nunha “peza mestra da historia da arquitectura de Vigo” que estará “á altura dos mellores edificios desta cidade”. Na xuntanza cos medios, foi máis aló e ubicou ao proxecto entre os maiores da historia da humanidade.

Tamén acudiron ao emprazamento do elevador proposto polo goberno de Vigo, que unirá García Barbón -xunto ás torres- coa praza superior: “quero que o ascensor o faga Thom Mayne”, anotou o alcalde.

Thom Mayne e Caballero/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...