InicioMovementos SociaisOs traballadores de Unísono denuncian a contratación "case exclusiva e fraudulenta" por...

Os traballadores de Unísono denuncian a contratación “case exclusiva e fraudulenta” por medio de ETT

A eventualidade do traballo, un dos signos do século XXI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A incidencia do paro na empresa está a ser desigual aínda que moi elevada en todos os casos, xa que hai campañas nas que o seguimento é dun 100% e outras nas que supera o 80% e 90%. Entre as que menos seguimentos tiveron atópanse aquelas que contan con maior número de persoal eventual, “contratado na súa maioría mediante ETT”. Nos tres centros de traballo da empresa en Galiza, situados en Vigo, un nutrido grupo de traballadoras/es desenvolveu concentracións de 15:00 a 17:00 horas.

Entre os motivos que xustifican a convocatoria, atópanse a contratación “case exclusiva e fraudulenta” mediante ETT, “denegándose incluso reincorporacións de excedencias solicitadas alegando que non hai vacantes”; o feito de que non se lles proporcionen nin ás persoas afectadas nin á representación sindical os cambios de incentivos nos prazos legalmente previstos, “incentivos que non son claros e en moitos casos non chegan a aboarse”.

Un nutrido grupo de empregadas/os mobilizouse diante dos tres centros de traballo que a compañía ten en Vigo

Entre os motivos que xustifican a convocatoria, atópanse a contratación “case exclusiva e fraudulenta” mediante ETT, “denegándose incluso reincorporacións de excedencias solicitadas alegando que non hai vacantes”; o feito de que non se lles proporcionen nin ás persoas afectadas nin á representación sindical os cambios de incentivos nos prazos legalmente previstos, “incentivos que non son claros e en moitos casos non chegan a aboarse”.

Outros incumprimentos da empresa teñen que ver co Plan de Igualdade, en concreto coa “imposibilidade de avanzar na negociación pola falta de vontade da dirección” e co Plan de Formación, “porque a empresa non quere sentarse nin a negociar, ademais de desaparecer os cursos presenciais”.

Unísono tampouco aplica os PIF do curso 2018-2019, a partir de xaneiro 2019, por decisión unilateral da dirección, cando os PIF corresponde aceptalos por curso completo, non por ano natural. “E máis existindo un requirimento de Inspección de Traballo de Vigo de anos anteriores indicando que non se poden denegar por ligalos ao plan de formación, xa que si se conceden ten que facerse por curso completo e non por ano natural como se está a facer novamente”.

Outros aspectos que denuncian son a ineficiente limpeza e climatización dos centros de traballo; o establecemento de horarios e quendas, preferencias horarias, cambios de horario e gardas legais “incumprindo acordos do SIMA e demais legalidade”; que as vacacións son impostas pola empresa con criterios non establecidos en acordos asinados; e a que as ampliacións e reducións de xornada “son arbitrarias”, sen cumprir acordo do SIMA e do Estatuto dos Traballadores/as.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...