InicioMovementos SociaisOs traballadores de Mantelnor concéntranse no Concello contra os "despidos á carta"

Os traballadores de Mantelnor concéntranse no Concello contra os “despidos á carta”

Sindicatos e compañeiros de traballo reclaman a readmisión de David, o traballador despedido por Mantelnor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As traballadoras/es de Mantelnor, concesionaria do servizo de limpeza dos colexios públicos e das escolas infantís do Concello de Vigo, trasladaron hoxe mércores as súas protestas polo despido dun compañeiro ás portas do consistorio.

Fronte ao Concello de Vigo desenvolveron unha concentración na que berraron consignas reclamando a súa readmisión. O vindeiro mércores día 30 volverán mobilizarse no mesmo lugar de 11:00 a 12:00 horas para forzar ao Goberno local a implicarse no conflito.

Concentración de Mantelnor/ Miguel Núñez

Con anterioridade levaran a cabo dúas protestas diante da sede da empresa, na avenida das Camelias, mais a dirección “aínda non moveu ficha”. Dende o comité de empresa de Mantelnor, presidido pola CIG, consideran que foi un despido totalmente inxusto xa que se tratou dunha “medida drástica” ao non existir advertencia previa ao afectado “mediante sanción ou amoestación por escrito”.

Concentración de Mantelnor/ Miguel Núñez

Diante disto, a representación dos traballadores/as reclama a inmediata readmisión do despedido e instan á empresa a aplicar outra medida “menos drástica” no caso de que o considere oportuno e anuncian que volverán mobilizarse diante do Concello o vindeiro mércores día 30 para reclamar a implicación do Goberno local no conflito.

Concentración de Mantelnor/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...