InicioDeportesChus Lago viaxa a Rusia para defender o lago máis antigo e...

Chus Lago viaxa a Rusia para defender o lago máis antigo e profundo do mundo, en perigo polo cambio climático

Ela, Verónica Romero e Rocío García durmirán cada día sobre o xeo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alpinista galega Chus Lago lidera unha expedición ao Lago Baikal co obxectivo de concienciar sobre a importancia das rexións polares e as consecuencias do cambio climático, tal e como anunciou ante os medios esta mañá de martes en Vigo.

Esta aventura enmárcase dentro do proxecto “Compromiso con la Terra”, un proxecto ideado pola propia Chus Lago que aspira a completar 1.500 km de travesía sobre xeo en distintas fases.

Presentación da expedición de Chus Lago/ Miguel Núñez

É a terceira viaxe deste proxecto, despois de Laponia en 2016 (200 km.) e o casquete polar de Barnes, Canadá, en 2017 (190 km.). Nesta ocasión, atravesarán o Lago Baikal, situado en Siberia, nunha travesía de 700 km.

Expedición anterior de Chus Lago/ Comprimiso por la tierra

A data de saída da expedición está prevista para este luns, 28 de xaneiro. Xunto a Chus Lago, viaxarán outras dúas deportistas de recoñecida traxectoria: Verónica Romero, atleta de Mos que xa participou nas dúas anteriores expedicións de “Compromiso con la tierra” e Rocío García, cardióloga e montañista.

Presentación da expedición de Chus Lago/ Miguel Núñez

A terceira expedición de “Compromiso coa terra” percorrerá o Lago Baikal, que, como explicou Chus Lago, trátase do lago máis antigo do planeta. O equipo converterase na primeira expedición integrada unicamente por mulleres en atravesar este xigantesco lago ruso.

Adestramentos no Vixiador/ Marta G. Brea

Ademais de pola súa lonxevidade, Baikal sobresae polas súas dimensións (máis de 600 km de longo) e por ser o lago máis profundo da terra, chegando aos 1.642 m. Todo iso, converten ao lago siberiano na maior reserva mundial de auga doce, contendo o 20% da auga non conxelada da que dispoñemos, de aí a importancia da súa conservación.

Apoiada en datos científicos, Chus Lago explicou que a temperatura do Baikal elevouse 1,2º no último século (o dobre da subida de temperatura a nivel global) o que provoca que a súa superficie se conxele agora 18 días menos ao ano que fai tan só 150 anos. Ademais, a desaparición paulatina do permafrost provoca que aumenten as emisións de metano do lago á atmosfera, provenientes das fontes termais.

Presentación da expedición de Chus Lago/ Miguel Núñez

As tres montañeiras cruzarán o lago de sur a norte, percorrendo preto de 700 km durante uns 25 días, aínda que o tempo exacto dependerá das condicións climatolóxicas “en especial o forte vento” e do estado do permafrost, a capa de xeo que cobre o lago e sobre a que camiñarán.

As tres mulleres desprazaranse durante as 8 horas de luz solar diarias, arrastrando trineos duns 70 quilos, e farano utilizando diferentes métodos como esquís, crampones e patíns. A travesía conta coa dificultade de realizarse sen paradas para avituallarse ou pernoitar, durmindo todas as noites sobre o xeo.

Sobrevivirán a temperaturas extremas, as tormentas, as roturas do xeo e o vento, polo que seremos testemuña dun reto montañeiro de primeira orde. Chus Lago resaltou que esta aventura non se podería levar a cabo sen o apoio dos seus patrocinadores, principalmente Vegalsa, así como Ternua (roupa), Julbo (lentes), Emwey e Colliseum (adestramentos), Terra e Mar (kaiaks), Olympus (equipo fotográfico), Montañeiros Celtas, Desiro e Argome (patíns) e Lalizas (chalecos salvavidas).

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...