O enfrontamento entre o PP e o PSOE de Caballero en Vigo vén de lonxe. Así, non sorprende que ás críticas da oposición aos Orzamentos do Estado para a cidade (aseguran que son aínda máis baixos que cando non confluían as siglas e gobernaba Rajoy), foran respostadas con rotundidade polo rexedor vigués: “O PP non acaba de entender que a cidade non os quere”, engadiu o alcalde.
En canto ás críticas pola xente que durme na rúa en Vigo, Caballero tamén reflectiu ao respecto que, asegura, non hai un só albergue en ningunha outra das grandes cidades galegas, nin na Pontevedra do bloque, nin o Ourense do PP, e tampouco en Ferrol, A Coruña e Santiago, no poder das mareas.