InicioVigo e contornaVigoA Deputación de Pontevedra envía a Vigo un requirimento para "salvar" o...

A Deputación de Pontevedra envía a Vigo un requirimento para “salvar” o investimento de 2,5 millóns en Finca Matías

Nun comunicado, a Deputación lembrou que a demora das actuacións fai necesario ampliar o prazo de vixencia do convenio polo que, para validar ese trámite, é obrigatorio motivalo e obter posteriormente o informe positivo da comisión de seguimento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, informou de que este xoves o ente provincial enviou un requirimento técnico ao Concello de Vigo para advertirlle de que é necesario motivar a prórroga do convenio de Finca Matías para “salvar” o investimento de 2,5 millóns de euros na devandita obra.

Nun comunicado, a Deputación lembrou que a demora das actuacións fai necesario ampliar o prazo de vixencia do convenio polo que, para validar ese trámite, é obrigatorio motivalo e obter posteriormente o informe positivo da comisión de seguimento.

“Con todo, o Concello non cumpriu este requisito e, ademais, non acudiu á reunión convocada a semana pasada, o cal imposibilita avanzar no obxectivo de garantir o financiamento provincial de 2,58 millóns de euros destinada á creación dun gran parque de xogos neste punto da cidade”, engade o comunicado. Sánchez reiterou a disposición da institución provincial de blindar este investimento e volveu a pedir ao Concello que mostre tamén esta vontade, pedíndolle que acuda aos encontros convocados.

BNG

Por outra banda, noutro comunicado, o BNG de Vigo esixiu ao PP que deixe de utilizar a Deputación como un “instrumento partidista” na cidade, acusando a Sánchez de empregar recursos públicos como “plataforma de promoción política”.

O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, aproveitou para reclamar ao ente provincial que actualice o financiamento que recibe a cidade. “Os recursos que recibe Vigo da Deputación non son un agasallo do PP, son recursos que lle corresponde á maior cidade da provincia e do conxunto de Galicia”, subliñou.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...