Un incendio rexistrado próximo ás vías do tren na parroquia de Cedeira, municipio de Redondela (Pontevedra), obrigou a interromper a circulación ferroviaria durante uns minutos entre as estacións de Vigo-Guixar e Redondela.
Adif informou a través de redes sociais, sobre as 13,45 deste mércores, da interrupción do servizo por un lume próximo á infraestrutura. Ás 14,13 horas, indicaba que a circulación xa fora restablecida.
Por parte do 112 Galicia explícase a Europa Press que ás 12,35 horas recibiron aviso por “maleza ardendo” próxima ás vías do tren. Ata o lugar desprazouse persoal que apagou un pequeno lume cun extintor, o que provocou fume.
Foron avisados, entre outros medios, GES de Mos, Protección Civil, Policía Nacional e Local, así como Garda Civil.
