InicioSociedadeRevive o máis visto do 2018: segredos da traxedia de Paramos, os...

Revive o máis visto do 2018: segredos da traxedia de Paramos, os beneficios de Povisa, luces de Nadal en Cíes…

As 10 novas máis lidas no primeiro ano de Xornal de Vigo non teñen un denominador común.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este día 1 comezamos o 2019 botando unha ollada aos temas de maior éxito do Xornal de Vigo tras 9 meses de traballo constante por informar. Esta selección mostra a preocupación dos nosos lectores pola sociedade e a sanidade en particular, así como as tráxicas dimensións do acontecido en Paramos.

1- Falan veciños de Tui: “A Xunta está ofrecendo diñeiro para que a xente cale, como no Prestige”. Unha fonte, entrevistada persoalmente por Xornal de Vigo, denuncia que, en realidade, si era máis que coñecida a nave da pirotécnica en Paramos que provocou unha gran traxedia con dous mortos, múltiples feridos e inxentes danos materiais, pero se calaba entre os veciños. Foi a noticia máis lida nestes 9 meses de xornal, con 14.067 visitas.

2- Unha nena podería sufrir amputación das pernas tras envocar o vehículo no que viaxaba en Tui. Un grave suceso acontecido no Baixo Miño.

3- A UVigo desenterra en Allariz a principal cidade romana en Galicia despois de Lugo: “Cibdá de Armea”. Un descubrimento sorprendente que chamou a atención dos nosos lectores.

Imaxe da zona da atalaia xa descuberta/ Duvi

4- O xerente do hospital Álvaro Cunqueiro dedica o seu tempo de traballo a arrincar carteis das protestas. A polémica rodeu á sanidade durante todo o ano, e unha das maiores foi a relativa á da recollida das bolsas do Cunqueiro. As auxiliares de enfermaría defendían que esta tarea non entraba nas asignadas, e a xerencia xustamente o contrario, ata o punto de que o mesmo xerente foi visto arrincando carteis.

5- O grupo de Povisa duplicou beneficios en 2017 e o seu dono é 10 millóns máis rico en 2018. Trala entrada do famoso hospital vigués en preconcurso de acredores, unha pequena investigación desvelou que en 2013 Povisa obtivo os maiores beneficios da súa historia tras aplicar recortes, e como en 2015 se chegaron a producir folgas de fame. Ademais, o dono de Povisa, José Silveira Cañizares, é en realidade o 152º máis rico de España, con 310 millóns de euros de patrimonio.

Ropeiro de Povisa/ Miguel Núñez

6- Deféndese o camioneiro de ENCE que golpeou cun martelo a un ciclista: “Chamoume fillo da puta”. Sen dúbida, foi outra das polémicas do ano. Un condutor de camión ataca e insulta a varios ciclistas. Neste artigo, o protagonista explica o seu punto de vista. O asunto deixou opinións para tódolos gustos e ferveu en redes.

7- Un morto e 30 feridos, balance da explosión pirotécnica en Tui. O 23 de maio, co apoio de fotografías e vídeos propios, recompilábamos a información dispoñible ata o momento da explosión de Paramos.

8- Esixen a dimisión dun concelleiro do PP de Ponteareas por compartir un vídeo “fascista” en Facebook. A Secretaria Xeral do Partido Socialista de Ponteareas, Chus Garrote, acusa de xenofobia a un concelleiro do Partido Popular, Domingos Freitas, e esixe a súa dimisión inmediata por compartir nas súas redes sociais “contidos xenófobos e de odio”. Aquí, a imaxe da polémica.

9- A inversión do Concello vigués en luces e figuras de Nadal supera o destinado a políticas de emprego. Esta pequena peza falaba do presuposto das exitosas luces de Nadal en comparación coa situación de pobreza enerxética dalgunhas familias.

Vigo en luces/ Miguel Núñez

10- Acusan ao alcalde de non gastar “suficiente” en luces de Nadal e piden alumear tamén a ría e as Cíes. Curiosa iniciativa do partido Compromiso por Galicia, que non só acusaban a Caballero de non “levar o Nadal” a todo Vigo, sino que pedían máis investimento e máis luces, tamén nas Cíes a pesar da contaminación lumínica que xeraría.

Illas Cíes/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Caballero insiste: “Louzán ten que dicir que Vigo é sede do Mundial 2030”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o presidente da Real Federación...

Achan na costa de Cádiz neveiras e un colector do buque que se refuxiou en Vigo tras un corremento de carga

Salvamento Marítimo coordinou durante esta fin de semana un amplo dispositivo en augas do...

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...