InicioMedio Ambiente e PatrimonioA iniciativa de 'Mi mami es lista' pola reforestación: con cada bebé...

A iniciativa de ‘Mi mami es lista’ pola reforestación: con cada bebé nace unha árbore

Cada neno pode ter un compañeiro de vida grazas a este proxecto que busca a reforestación tralos graves lumes de 2017.

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘Mi mami es lista’ (Avenida de Fragoso, 83) é unha tenda de artigos para bebé na que, segundo aseguran os seus promotores, se defende o respecto polo planeta, coa reutilización e a economía circular, así como o traballo con provedores ‘ecofriendly’. Xa levan varias campañas con asociacións como Amigos da Terra.

Agora presentan un novo proxecto para contribuír á recuperación dos nosos bosques tras o desastre ocasionado en Galicia polos terribles incendios do pasado 2017: “Para conseguilo non escatimaremos en esforzos e doaremos unha árbore autóctona por cada carriño de bebé vendido. Así, cada bebé MIMAMI virá a este mundo xunto cunha fermosa árbore que lle acompañará o resto da súa vida”.

“A intención é, ademais de contribuír á mellora do medioambiente, facervos partícipes do proxecto a todos. Por iso todos estades convidados a acompañarnos e participar nas distintas plantacións que realicemos ao longo do ano, plantando vós mesmos a árbore do voso bebé, e se non, nós facémolo por vós e enviámosvos unha foto do mesmo coas coordenadas, para que poidades visitar o Bosque MIMAMI sempre que vos apeteza”, engaden.

Serra da Peneda, plena natureza/ Miguel Núñez

Resumen a iniciativa como “un sinxelo xesto que non só axuda a que volvan revivir os nosos queridos bosques, senón que lle dará un compañeiro para sempre a cada neno e que poderá visitar e coidar sempre que queira sentirse en contacto coa natureza”.

A primeira xornada de reforestación será o domingo 23 de decembro ás 11:30 da mañá no Parque Forestal O Maruxento. “Unha forma de festexar o Nadal dunha maneira diferente”, subliñan.

Contan coa inestimable colaboración da Comunidade de Montes de Matamá, unha das zonas de Vigo máis castigadas polos incendios de outubro de 2017. “Sen a súa axuda non pasaría de ser un simple soño”, recoñecen.

Para participar nesta primeira plantación tan só é necesario apuntarse na tenda física de Fragoso ou enviar un mail a tienda@mimamieslista.com indicando os datos de contacto e o número de asistentes.

“Fun aos bosques porque quería vivir deliberadamente; enfrontar só os feitos da vida e ver se podía aprender o que ela tiña que ensinar. Quixen vivir profundamente e refugar todo aquilo que non fose vida… Para non darme conta, no momento de morrer, que non vivira”. Así falaba o escritor e filósofo estadounidense H.D. Thoreau.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...