InicioVigo e contornaVigoCasco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

Ademais, entre outros proxectos, este 2026 tamén se procederá á compra do edificio número 20 da rúa Real para iniciar o proxecto de recuperación do mesmo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a cabo este ano, no que rehabilitará e creará máis vivendas coa compra dun novo edificio na rúa Real.

En concreto, a delegada territorial da Xunta na cidade olívica e presidenta do Casco Vello, Ana Ortiz, avanzou este xoves as novas iniciativas que se porán en marcha este 2026 para recuperar edificios en mal estado e dotar ao barrio histórico de novas vivendas.

Así, sinalou que ao longo deste exercicio estará lista a licenza para os edificios situados no número 25 e 27 do barrio do Berbés. A planificación establece que se crearán ata seis novas vivendas nos dous inmobles, un deles xa completamente baleiro.

Ademais, entre outros proxectos, este 2026 tamén se procederá á compra do edificio número 20 da rúa Real para iniciar o proxecto de recuperación do mesmo.

“O traballo feito durante os últimos 20 anos para a recuperación do barrio histórico vai ter continuidade, porque o noso compromiso é firme e imos seguir nesta liña para que o Casco Vello teña unha rehabilitación integral no menor tempo posible e tamén achegue novas vivendas para novos veciños”, engadiu Ortiz, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...

O goberno local de Vigo critica á Xunta polo seu cambio de criterio con Alfageme

O goberno municipal de Vigo trasladou este xoves a súa "sorpresa" polo "cambio de...