InicioMedio Ambiente e PatrimonioAparece morto un golfiño de metro oitenta na praia viguesa de Olmos

Aparece morto un golfiño de metro oitenta na praia viguesa de Olmos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo trasladáronse este luns 17 de decembro pola mañá á Praia dos Olmos, á carón de Samil, onde ao parecer e segundo a chamada efectuada por un cidadán á Central, observara un golfiño morto, que estaba varado na area.

Chegados os Axentes da sección UMIR, sección especializada neste tipo de servizos, comprobaron que efectivamente na devandita praia e varado na area se atopaba un exemplar femia de golfiño común, de aproximadamente 1:80 metros.

Solicitouse a presenza de especialistas de CEMMA (Coordinadora Para o Estudo dos Mamíferos Mariños), que compareceron no lugar e tomaron mostras para determinar a posible causa da morte do cetáceo. Seguidamente púxose en marcha o protocolo para a retirada do animal; retirada que se materializou na mañá do día de onte martes.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...