InicioDeportesUnllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

Balaídos, unha vez máis, fará valer o seu espírito: unidade, respecto e orgullo celeste.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras do RC Celta acudirán a Balaídos coas unllas pintadas o próximo domingo 18, convertendo un xesto sinxelo nunha poderosa resposta colectiva fronte aos insultos homófobos recibidos polo dianteiro Borja Iglesias nos últimos días.

A iniciativa, nacida de maneira espontánea nas redes dende a peña celtista arousana Carcamáns Celestes e amplificada por colectivos celestes, pretendía transformar un ataque de odio nun símbolo de apoio, orgullo e resistencia.

O resultado pretende ser unha imaxe contundente: familias enteiras, grupos de amigos, peñas históricas e afeccións máis novas exhibindo as mans pintadas en tons azuis, brancos, rosas e multicolor, reivindicando que o fútbol tamén é un espazo seguro para a diversidade.

A directiva do club e a LIGA tamén amosaron o seu respaldo ao xogador, lembrando que “o odio non representa nin ao celtismo nin aos valores do deporte”.

A acción deste domingo será un exemplo de como unha afección pode mobilizarse para defender aos seus e, ao mesmo tempo, enviar unha mensaxe clara contra a intolerancia. Balaídos, unha vez máis, fará valer o seu espírito: unidade, respecto e orgullo celeste.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...