InicioSucesosA Policía Local detén a unha muller por agredir a uns axentes...

A Policía Local detén a unha muller por agredir a uns axentes que a multaran en Churruca

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este mesmo luns, a Policía Local de Vigo procedeu á detención de E. P. C, unha muller de 61 anos de idade, nacida en Redondela (Pontevedra) e domiciliada en Vigo por agresión aos axentes da autoridade.

Ás 18:20 horas do día de onte luns, os axentes se dirixiron á zona da rúa Churruca onde ao parecer había vehículos mal estacionados que afectaban á circulación. Unha vez no lugar, observaron que na rúa Uruguai se atopaban vehículos estacionados no carril de circulación, polo que procederon a denuncialos.

A continuación, de entre a linea de vehículos mal estacionados, incorporouse á circulación un turismo da marca Seat Eivissa, polo que os actuantes procederon darlle o alto, informando á condutora que sería sancionada, “momento no a muller apagou o motor e deixando o turismo no centro da calzada, comezou a gritar e a insultar aos actuantes”, aseguran os policías.

Os funcionarios indicáronlle en reiteradas ocasións que obstaculizaba a vía e que debía continuar a marcha, facendo esta caso omiso, continuando con berros e desprezos. Ante a negativa desta a abandonar o lugar, os actuantes procederon a solicitarlle a documentación, á vez que trataban de acougala, pero a muller comezou a propinar lapotes aos intervenientes, momento no que procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...