InicioDeportesO triatleta vigués Antonio Serrat acada o bronce na Copa de Europa...

O triatleta vigués Antonio Serrat acada o bronce na Copa de Europa de Melilla

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia tivo un papel protagonista na Copa de Europa de Melilla. Con multitude de participacións, houbo tres medallas para triatletas galegos: Ouro para a ferrolá Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) en elite feminina; prata para a ourensana Iria Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) en júnior feminina e bronce para o vigués Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) en elite masculina.

En elite masculina, Antonio Serrat asumiu riscos e traballou arreo durante toda a proba. O vigués estivo sempre en cabeza. Saíu da auga na terceira posición e tralo paso pola primeira transición, formouse un grupo de cinco triatletas na bicicleta que marcaron unhas distancias decisivas. O quinteto estaba formado por Antonio Serrat, o holandés Marco Van Der Stel, o húngaro Mark Devai, o francés Tom Richard e o británico Jack Willis.

Este grupo sabía que era decisivo acadar unha gran distancia co grupo principal e traballaron arreo para facelo, con Serrat coma un dos máis animosos. Así, lograron chegar a T-2 con case minuto e medio de distancia sobre o segundo grupo.

E novamente, Antonio volveu a asumir protagonismo e atacou moi forte dende o primeiro metro. Logrou unha pequena distancia duns dez segundos aproximadamente sobre Van Der
Stel e Tom Richard. Pero a distancia non medraba e pouco a pouco parecía que Antonio xa non tiña o ritmo trepidante do inicio.

Na segunda volta tiña só seis segundos de vantaxe sobre estes dous triatletas e uns 500 metros antes de cumprirse a terceira volta, foi superado por este dúo, sen que Serrat tivese forzas para pegarse a eles.

Así, o triunfo tiña que decidirse entre estes dous triatletas ao sprint, mentres que Serrat non tivo problemas para garantir o bronce. O ouro foi para Marco Van Der Stel cun tempo de 01:42:40, a prata para Tom Richard (01:42:42) e o bronce para Antonio Serrat (01:42:58).

ÚLTIMAS

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...