InicioPolíticaCaballero defende en Telecinco a inversión de Nadal: "Ser feliz é importante...

Caballero defende en Telecinco a inversión de Nadal: “Ser feliz é importante na vida”

En resposta ás acusacións de non facer política social, asegurou que co albergue que hai en Vigo "ninguén durme na rúa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo foi a estrela no programa deste martes de ‘Ya es mediodía’ (T5), espazo adicado á actualidade informativa. Caballero defendeu a súa gran inversión deste Nadal, os famosos 9 millóns de bombillas.

Referiuse o rexedor vigués á ‘deuda cero’ do Concello, de como ‘desfrutar e ser feliz é una parte importante da vida’, da política social levada a cabo na cidade e do retorno da inversión como principais argumentos, e asegurou que el non fai campaña electoral, porque ‘non o necesita’ para seguir subindo na intención de voto e porque ‘a campaña se fai traballando durante os 4 anos’, rematou.

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

“Non é posible calcular aínda o retorno, pero o recadado esta fin de semana xa multiplicou por 3 a inversión nas luces“, asegurou, falando de ‘rendibilidade extraordinaria’. En todo caso, valorou que un millón de euros é ‘pouco diñeiro’ para o que son unas festas que durarán mes e medio.

Fixéronlle oposición os xornalistas, preguntándolle sobre as persoas que non poden pagar a factura da luz, ao que contestou Caballero que desde o Concello xa pagan 700 delas, así como que “temos un albergue para que ningúen durma na rúa”.

Abel Caballero durante o acendido das luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez

Ademais, reflexionou que, grazas ao ‘100%’ de ocupación hosteleira que segundo a súa tese están a provocar as luces, é posible crear emprego e precisamente axudar ás familias a facer fronte ás súas facturas e débedas.

Por último, valorou a Pedro Sánchez no que respecta ao penúltimo episodio de conflito en Cataluña, defendendo que tentou ‘detensar a situación’; e mandou un recadiño a Feijóo, que lle vai gañar nas eleccións 21 a 4. Na páxina de Telecinco está disponible o programa completo. 

Espectáculo de inauguración das Luces en Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...