InicioSociedadeA Garda Civil intensifica por Nadal os controis de drogas e alcol,...

A Garda Civil intensifica por Nadal os controis de drogas e alcol, causantes dun terzo dos accidentes mortais

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra vén de anunciar o inicio dun operativo do Nadal de seguridade viaria para o control de drogas e alcol durante a condución, por tratarse dun alto factor de risco causante da terceira parte dos accidentes mortais na provincia.

Para iso, durante as próximas festas do Nadal intensificaranse sensiblemente o número de controis de alcol e drogas en toda a rede viaria da provincia que, non só terán lugar en horario nocturno, senón tamén ao mediodía, co obxecto de disuadir aos condutores á inxestión de bebidas alcohólicas durante as típicas comidas de Nadal.

O operativo porá especial énfase en detectar aos colectivos policonsumidores, aqueles condutores que se poñen ao volante e que consomen habitualmente alcol e drogas.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil aconsella aos condutores que eviten o consumo de substancias psicoactivas e alcol por tratarse dun alto factor de risco causante da terceira parte dos accidentes mortais na provincia.

Ao mesmo tempo, apela ao espírito solidario de todos os usuarios para que comuniquen á Guarda Civil, a través do Tlf. 062, calquera conduta irregular que detecten na estrada.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...