InicioCulturaO curso de luthería antiga é eliminado da Escola Municipal de Artes...

O curso de luthería antiga é eliminado da Escola Municipal de Artes e Oficios

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) vén de denunciar a intención do Goberno local de suprimir o curso de luthería antiga, unha das trece especialidades do centro e que en todo o Estado só se oferta en Vigo e Bilbao.

A non convocatoria da praza docente após a xubilación do actual profesor ameaza con deixar a cidade olívica sen un curso que acumula 35 anos de traxectoria e cun acreditado prestixio. Preto de 30 persoas ficarán privadas dunha formación pública que o alumnado valora como “excelente”.

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, trasladoulle onte á portavoz do alumnado, Norka Pérez, o apoio da formación nacionalista, e ten previsto manter unha xuntanza con varios representantes.

Pérez Igrexas denunciou a “política de desmantelamento” que, na súa opinión, está a practicar o actual Goberno municipal cun centro formativo “referencial para a cidade” como é a EMAO.

O candidato reclamou á Concellaría de Educación que “rectifique e atenda de inmediato as reivindicacións do alumnado garantindo a impartición do curso de luhería antiga”. Aliás, lamentou a “absoluta falla de respeito e consideración cunha disciplina, a luthería antiga, que supón unha aposta decidida por revitalizar o noso patrimonio cultural e musical”.

Desde a fronte nacionalista demandan que “se consolide e alargue a oferta formativa da Escola Municipal de Artes e Oficios en lugar de retallala”, para o que urxen á consolidación do persoal docente, na súa maioría en situación de eventualidade.

Igrexas adheriuse tamén á campaña de denuncia iniciada polo alumnado asinando a súa petición na plataforma Change.org e fai un chamamento ao conxunto da veciñanza a “sumarse para evitar que sigan afogando a EMAO”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...