InicioMovementos SociaisOs servizos de urxencias de Vigo, os que máis secundan a folga...

Os servizos de urxencias de Vigo, os que máis secundan a folga dos PAC en toda Galicia

O persoal de PAC continuará de folga en protesta co SERGAS todos os martes, venres e domingos ate o 17 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Segundo Médicos de Galicia Independentes (O’ MEGA) a derradeira xornada de folga dos PAC (Punto de Atención Continuada) tivo o seu menor seguimento na área sanitaria de Monforte, cun 28%, e o maior de toda Galicia en Vigo cun 58%, seguido moi preto pola Coruña cun 56%.

Dende O’MEGA recordan ademais que “os servizos mínimos fueron decretados unilateralmente polo Sergas, en algunos casos estase obrigando ao persoal de mínimos a realizar actividade ordinaria. Isto provoca que a incidencia real sexa de difícil cuantificación. Tamén hai servizos onde o 100% dos seus facultativos están considerados como mínimos”.

O Comité de Folga dos Puntos de Atención Continuada (PAC) vén de denunciar presións ao persoal sanitario, “axustando calendarios con xornadas abusivas e continuadas no tempo, algunhas delas con apenas 12 horas de descanso entre quendas de 17 horas ou máis”.

“Estas xornadas impostas imposibilitan a conciliación das persoas que son obrigadas a asumir estes novos calendarios tendo que traballar en días que libraban por calendario. Isto é aínda, se cabe, mais grave dado as datas nas que estamos, onde fillos e fillas teñen vacacións e hai persoal que non pode planificar as festas familiares porque non saben se terán que traballar no último momento”, denuncian desde a CIG.

PACs en pé de guerra/ Miguel Núñez

“Contrasta a necesidade de persoal sanitario, nomeadamente persoal médico, coas ridículas prazas que se sacan para a OPE do vindeiro ano”; engaden: “Cando só en Vigo vanse xubilar 35 médicos de familia, a convocatoria será de 54 prazas en total para toda Galiza, resulta obvio que unha vez mais será insuficiente”.

“Na Área de Vigo a situación estase a voltar insostíbel. A necesidade de persoal médico estase intentando solventar aumentando horas ao persoal do PAC, eliminando permisos, vivindo coa incerteza de como e cando van ter que ir traballar ou se novamente terán que prolongar porque non hai ninguén que cubra a seguinte quenda de traballo”, denuncian.

“O persoal de consultas de primaria non esta moito mellor: listas de agarda interminábeis, un número de doentes que nalgunha ocasión ten superado os 70, asunción de doentes doutros cupos por ausencias previstas e non cubertas…”, enumeran. O persoal de PAC continuará de folga todos os martes, venres e domingos ate o 17 de decembro.

ÚLTIMAS

Cinco detidos en Vigo por un alixo de 200 quilos de cocaína chegado nun portacontedores desde Sudamérica

A Policía detivo a cinco persoas pola súa suposta vinculación cun cargamento duns 200...

O BNG alerta de que 9 de cada 10 alugueiros en Vigo superan os 700 euros e esixe declarar a zona tensionada

O BNG de Vigo alertou este martes de que 9 de cada 10 vivendas...

O PP de Vigo esixe a Caballero que rompa o seu “silencio cómplice” ante o pacto entre o PSOE e ERC

O PP de Vigo esixiu este martes ao alcalde da cidade, Abel Caballero, "que...

Patronal e sindicatos abren en Vigo a negociación do convenio do Metal

A cidade de Vigo acolleu este martes a primeira toma de contacto da mesa...