InicioSociedadeUn veciño de Vigo recibirá máis de 12.000 euros tras caer nunha...

Un veciño de Vigo recibirá máis de 12.000 euros tras caer nunha escaleira mollada sen sinalización

A sentenza recoñece os danos e obriga a indemnizar polos prexuízos derivados da luxación e rehabilitación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a unha empresa de limpeza e á súa compañía aseguradora a indemnizar en algo máis de 12.000 euros a un veciño dun inmoble da cidade que escorregou e sufriu unha caída nunha escaleira mollada, que non estaba sinalizada.

Os feitos producíronse en setembro de 2022, cando este veciño escorregou nas escaleiras, que estaban molladas porque unha empregada da empresa de limpeza acababa de fregalas. O prexudicado presentou unha reclamación polos danos e prexuízos que lle produciu a caída, pero o Xulgado de Primeira Instancia 14 de Vigo ditou sentenza desestimando a súa demanda. Ante esta resolución, o veciño presentou recurso de apelación e agora a Audiencia Provincial estimou en parte as súas pretensións, nunha sentenza de maio pasado.

O Tribunal provincial sinala que, aínda que a limpeza dun edificio non pode considerarse unha actividade perigosa ou de risco, o certo é que o recorrente sufriu unha caída, e non se puido determinar que a limpadora advertise de que estaba a realizar ese labor. “A ausencia de todo indicio que indique o labor que se estaba ou se acababa de realizar permite entender que non se pode trasladar aos veciños que tomen maiores precaucións que as lóxicas do deambular polas escaleiras do portal onde residen”, sinala a Audiencia.

Por iso, acordou estimar en parte o recurso e condena á empresa e á súa compañía aseguradora a indemnizar solidariamente ao prexudicado en 12.192,51 euros máis intereses polos danos e prexuízos sufridos (tivo unha luxación acromio-clavicular, e debeu someterse a rehabilitación).

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...