InicioSucesosDía despois do 25-N: Detido un home sorprendido pola Policía mentres golpeaba...

Día despois do 25-N: Detido un home sorprendido pola Policía mentres golpeaba a súa parella

Os feitos aconteceron na rúa Santa Tegra de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo procedeu este luns 26 de novembro á detención dun varón de 43 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, por un presunto delito de violencia de xénero.

Os feitos ocorreron sobre as 07:30 horas da mañá do día de onte, nun domicilio da rúa Sta. Tegra. A Central da Policía Local recibiu a chamada dunha persoa, a cal manifestou que unha muller gritaba coma se a estiveran agredindo no interior dunha vivenda da rúa mencionada.

Unha patrulla local da Sección G.O.A. en compañía doutra patrulla do Corpo Nacional de Policía atopouse na porta de entrada á vivenda a unha muller tirada no chan e a un varón dándolle unha patada no estómago.

O individuo, ao observar a presenza policial, pechou a porta, á vez que sacou á moza cara ao exterior empuxándoa. Os actuantes axudaron á vítima a levantarse do chan, a cal moi nerviosa se tocaba o abdomen cunha man e coa outra a boca, con xestos de dor, segundo manifestaron os axentes.

Nun principio, o varón negábase a abrir, aínda que ante a insistencia dos axentes finalmente abriu a porta. O home comunicou que ela lle agrediu, e que a tivo que botar para que non o seguise agredindo, aínda que os axentes non observaron ningunha lesión no seu corpo.

Doutra banda, a vítima, de 27 anos de idade, manifestou que mantiña unha relación sentimental con el desde fai sete meses e que comezou a pegarlle aos tres, así como que nun principio foron bofetóns, aínda que os golpes foron a máis, ata que no día de hoxe propinoulle patadas no seu corpo e puñetazos na cabeza durante uns vinte minutos.

A muller declinou ser asistida no lugar polos sanitarios, manifestando que ela mesma se desprazaría a un centro hospitalario se se atopaba mal. A persoa que requiriu o servizo comunicou aos actuantes que cando camiñaba á altura da vivenda onde se produciron os feitos observou a través da porta acristalada dúas siluetas, e como unha delas estáballe pegando á outra, á vez que unha muller gritaba, motivo polo que solicitou a presenza policial. Finalmente, procedieron á detención del agresor.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...