InicioSociedadeTeis, récord en contaminación acústica grazas á AP9, continúa agardando as medidas...

Teis, récord en contaminación acústica grazas á AP9, continúa agardando as medidas de Fomento

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria na Cámara para esixirlle ao Ministerio de Fomento que proceda á instalación urxente das medidas correctoras anti ruido na entrada da AP-9 en Vigo, á altura de Teis.

Fernández lembra que os veciños e veciñas de Teis levan anos demandando medidas debido ao grande impacto acústico que causa a autoestrada ao seu paso por esta zona: “De feito, figura en diversos estudos como unha das áreas de maior contaminación acústica do Estado. Afecta a moitas persoas posto que estamos a falar de áreas de importante peso poboacional”.

Fernández explica que o Ministerio de Fomento incluiu medidas anti ruído na Segunda Fase do Plan Nacional de Acción contra o Ruído, iniciativa que foi esperanzadora para os veciños e veciñas.

“Mais, o tempo pasou e seguen igual. Os habitantes de Teis teñen que continuar a convivir co constante ruido do paso dos coches a toda velocidade. Circunstancia que interfire de xeito agresivo na calidade de vida, na saúde e na convivencia normal. Non poden continuar á espera dunhas medidas que non dan chegado”, subliña.

A deputada de En Marea sinala que o Consello de Ministros do pasado 26 de outubro aprobou o Real Decreto polo que se aproba a adenda ao Convenio entre a Administración Xeral do Estado e Autoestradas do Atlántico, concesionaria, polo que se modifican determinados termos da concesión para a construción, conservación e explotación da AP-9, en cuxa adenda contémplase adoptar medidas para “a redución do ruido sen concretar nin especificar nada”.

“Desde En Marea, consideramos que non se pode dilatar máis a ubicación de pantallas anti ruido, e emprazamos a Fomento a tomarse en serio este problema e a adoptar as medidas precisas para atallalo. A que se debe o retraso na instalación de medidas anti ruido? Por qué non se efectivizaron aínda? Cando vai proceder a materializar esta demanda?”, pregúntanse.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...