InicioSociedadeAbel Caballero asegura que o Goberno cumpre "os prazos" e o AVE...

Abel Caballero asegura que o Goberno cumpre “os prazos” e o AVE Vigo-Madrid “avanza a toda velocidade”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Segundo o rexedor olívico, esta mesma semana a Avogacía do Estado emitiu o informe favorable do prego da licitación do estudo informativo complementario desta conexión, polo que “se deu xa un paso importantísimo”.

Así mesmo, hai dous días foi remitido o expediente á Intervención Xeral do Estado. “Por tanto, o Goberno de España está a cumprir os tempos e os prazos e o tren de alta velocidade Vigo-Madrid directo por Cerdedo avanza a toda velocidade. O meu recoñecemento ao goberno”, aseverou.

Ademais, Caballero lembrou que o pasado mes de febreiro mantivo unha reunión co director xeral do sector ferroviario e o seu equipo e alí acordouse “ir con toda a prema posible no avance do tren de alta velocidade Vigo-Madrid directo por Cerdedo”.

“Acordamos reducir os tempos ao máximo e, por tanto, facer a tramitación simultánea da Declaración de Impacto Ambiental e todos os proxectos posteriores como a aprobación do estudo informativo, a información pública, a audiencia das administracións e, en paralelo, o desenvolvemento do estudo complementario do CSIC como estudos arqueolóxicos, estudos de fauna e todos os que o CSIC pide”, detallou.

A previsión, apuntou, é que en febreiro do ano 2027 salga a exposición pública todo o conxunto do traxecto e inmediatamente despois declaración ambiental e proxecto técnico. O custo do proxecto técnico terá uns 60 millóns de euros de custo.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...