InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo acusa ao goberno local de "inacción" ante os...

O BNG de Vigo acusa ao goberno local de “inacción” ante os prezos “disparados” da vivenda na cidade

O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que desde o Concello non se executaron medidas aprobadas no pleno municipal no último ano, a proposta do Bloque, como a declaración da cidade como zona tensionada ou a limitación dos pisos turísticos, entre outras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo criticou a “inacción” do goberno local, que non moveu “nin un só dedo” ante os prezos “disparados” da vivenda na cidade, cunha “continuada subida” dos alugueres.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lamentou que desde o Concello non se executaron medidas aprobadas no pleno municipal no último ano, a proposta do Bloque, como a declaración da cidade como zona tensionada ou a limitación dos pisos turísticos, entre outras.

“A pesar da propaganda e aos anuncios, o deixamento do goberno local é tan grave que non foron capaces de executar nin un só dos acordos aprobados en marzo do ano pasado para frear o aumento dos prezos do aluguer e facilitar o acceso social á vivenda”, insistiu Igrexas.

Segundo as súas cifras, os prezos dos alugueres creceron un 6,77% en Vigo nos últimos 12 meses, acumulando un incremento do 30% en cinco anos. “Prezos imposibles que se engaden a unha oferta cada vez máis reducida polo continuo aumento dos pisos turísticos, que xa son cinco veces máis que o número de vivendas dispoñibles para aluguer residencial”, engadiu.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...