InicioVigo e contornaVigoVigo reforza o investimento na biblioteca Neira Vilas e no pavillón das...

Vigo reforza o investimento na biblioteca Neira Vilas e no pavillón das Travesas

O Concello destina 950.000 euros a melloras culturais e deportivas e reforzará o transporte durante as festas da Reconquista

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo anunciou este sábado novas actuacións nos ámbitos cultural e deportivo da cidade, cun investimento total de 950.000 euros. Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, quen avanzou que se destinarán 700.000 euros en dous anos para reforzar os servizos da biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, e outros 250.000 euros para a renovación da cuberta do pavillón Vermello das Travesas.

Segundo explicou o rexedor, os fondos dirixidos á Neira Vilas permitirán incrementar o fondo bibliográfico e audiovisual, manter subscricións a publicacións e organizar actividades culturais e de dinamización, co obxectivo de fomentar a lectura e o acceso á cultura entre a cidadanía. A biblioteca municipal recibiu 53.000 visitas en 2024, cun total de 47.000 préstamos realizados e 21.000 persoas asociadas.

En canto ao pavillón deportivo, a actuación consistirá na substitución completa da cuberta, que presenta un estado de oxidación xeneralizada. A obra está prevista para os meses de verán, cun prazo de execución estimado de dous meses, e durante a intervención manterase operativo o resto do complexo das Travesas.

Ademais, Caballero aproveitou a comparecencia para convidar á veciñanza a participar nas festas da Reconquista, e anunciou que se reforzará o servizo de transporte público nos próximos días para facilitar os desprazamentos durante as celebracións.

Estas medidas forman parte do compromiso municipal de mellora dos espazos culturais e deportivos, así como do apoio aos eventos que dinamizan a vida social da cidade.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...