InicioVigo e contornaVigoO BNG acusa a Caballero de "imposicións sectarias" coas distincións do Concello...

O BNG acusa a Caballero de “imposicións sectarias” coas distincións do Concello e pide reformar o seu regulamento

Isto sucede despois de que o alcalde anunciase nos últimos días distintas distincións para este 2025, como a Asociación de Dano Cerebral Alento, que será Viguesa Distinguida, así como o quen fose presidente do Banco de Alimentos Iván Martínez, a título póstumo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo pediu unha reforma do regulamento de honras e distincións do Concello olívico fronte ao “secuestro” e as “imposicións sectarias” dos recoñecementos institucionais por parte do alcalde, Abel Caballero.

Así o sinalou nun comunicado o portavoz municipal do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, que solicitou que se recuperen os mecanismos de consenso ante as “imposicións sectarias” do rexedor, “que un ano máis anunciou a Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos de forma unilateral”.

“Os recoñecementos e distincións do Concello non poden seguir sendo a medalla do ‘aquí mando eu’ e Abel Caballero ten que respectar a pluralidade e a diversidade da cidade, que non cabe nas estreitas costuras da súa conxuntural maioría absoluta no pleno”, criticou Igrexas.

Todo iso despois de que o alcalde anunciase nos últimos días distintas distincións para este 2025, como a Asociación de Dano Cerebral Alento, que será Viguesa Distinguida, así como o quen fose presidente do Banco de Alimentos Iván Martínez, a título póstumo. Tamén a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) recibirá a Medalla da Cidade.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...