InicioMovementos SociaisNavia continúa loitando por unha adscrición xusta para os alumnos do CEIP...

Navia continúa loitando por unha adscrición xusta para os alumnos do CEIP Castelao

PUBLICADO O

- Advertisement -

As familias do CEIP Castelao (Rúa da Pedra Seixa 35, Vigo) manifestáronse de novo esta fin de semana para demandar unha adscrición xusta para este centro de Navia, posto que polo momento os seus alumnos estarían obrigados a desprazarse a un instituto a máis de 10 kilómetros, o IES de Valadares, sen ofrecer alternativas de transporte público.

Tras diversas iniciativas e sen recibir resposta por parta da Xunta de Galicia, víronse ‘na obriga’ de repetir este acto reivindicativo para que os seus fillos e fillas poidan estudar preto das súas casas.

Actividades de fin de curso no CEIP Castelao/ CEIP Castelao

“Queremos dicirlle dende aquí que non é doado para nós tomar estas decisións, que non somos políticos, que só somos pais e nais defendendo o dereito dos seus fillos e fillas a recibir unha educación preto das súas casas. Deben saber que nós non somos o inimigo, que queremos colaborar e que temos moitas solucións a este problema que beneficiarían a todos e todas”, aseguraron intres antes da manifestación.

“Só precisamos que nos escoiten e que, entre todos, poidamos crear unha educación de calidade. Por iso, dende aquí, solicitamos o inicio de reunións que só poden ter un final favorable para todos e todas. Da mesma forma, queremos agradecer o labor dos medios de comunicación, institucións e asociacións de veciños que nos dan voz a través das diferentes canles. Esperamos que sigades confiando en nós porque para nós sodes fundamentais”, agradecían.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...