InicioVigo e contornaVigoPP de Vigo acusa a Abel Caballero de negar acceso ao expediente...

PP de Vigo acusa a Abel Caballero de negar acceso ao expediente de ampliación do bus urbano de Vitrasa

O portavoz do PP, Miguel Martín, trasladou a súa estrañeza por esa prórroga, cando hai un mes o alcalde asegurou que o concurso para unha nova concesión estaría listo para xuño, cando acabase o actual contrato en vigor

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este martes que o goberno de Abel Caballero prevé ampliar a concesión de bus urbano a Vitrasa (a actual concesión expira en xuño) e que incoou un expediente pero denega aos ‘populares’ o acceso á información.

Segundo informou o grupo nun comunicado, a solicitude de acceso a ese expediente realizouse o pasado 3 de febreiro, e un mes antes, pediuse o expediente de licitación do servizo (o novo concurso, anunciado polo propio rexedor), pero denegóuselle ese acceso.

O portavoz do PP, Miguel Martín, trasladou a súa estrañeza por esa prórroga, cando hai un mes o alcalde asegurou que o concurso para unha nova concesión estaría listo para xuño, cando acabase o actual contrato en vigor. Así, apuntou que o propio Abel Caballero recoñeceu este fin de semana (nunha entrevista en Faro de Vigo) que haberá unha prórroga da concesión de “uns meses”.

Martín criticou a “incompetencia” de Caballero á hora de sacar a concurso esa nova concesión do autobús urbano. “Viñémolo avisando desde finais de 2024: o Concello tiña que espabilar, os prazos ían moi xustos”. Respecto diso, censurou que o goberno local “tivo cinco anos” para preparar a nova licitación (desde a última prórroga, aprobada en plena pandemia de Covid) e “foron incapaces”.

Segundo explicou, nos últimos meses a concellaría que dirixe Javier Pardo vetou a visualización dun total de catro expedientes relacionados con Vitrasa: a información sobre a nova prórroga, a licitación do novo concurso, a información sobre o estudo de mobilidade encargado polo goberno local, e a revisión de tarifas de face a 2025.

“Que ocorre con Vitrasa? Por que esta opacidade? Que quere esconder e a quen beneficia con todo isto Caballero?”, preguntou Martín, que esixiu ao alcalde que “abandone a súa política oscurantista”, que dea acceso aos expedientes e que “compareza publicamente para explicar o que está a pasar”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...