InicioMedio Ambiente e PatrimonioA transformación do monte para a defensa contra incendios, a debate no...

A transformación do monte para a defensa contra incendios, a debate no Centro Veciñal de Valadares

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Forestal de Galicia organiza este sábado 10 de novembro unha xornada técnica no Centro Veciñal e Cultural de Valadares para abordar a transformación do monte no entorno dos núcleos de poboación.

“A vaga de lumes de hai un ano deixou tras de si unha catástrofe que obriga a propietarios forestais e xestores a redeseñar o monte con novos criterios”, sinalan desde a Asociación. Co obxectivo de abordar ese necesario redeseño do monte periurbán, nace esta xornada na que participarán técnicos, investigadores e responsables políticos.

O acto desenvolverase no Centro Social e Cultural de Valadares (Camiño do Pedregal, 6) a partir das 10: 45 horas do sábado. A sesión comezará con ponencias orientadas a enmarcar o monte nas ideas de bioeconomía e multifuncionalidade: “O monte cómpre entendelo como un conxunto de recursos e servizos á sociedade (biodiversidade, paisaxe, auga, madeira, froitos, biomasa, etc.), que ademais deberá funcionar como un axeitado sistema de defensa contra incendios.

Incendios
Pedro Sánchez, Gonzalo Caballero e o alcalde de Nigrán dan unha rolda de prensa en Chandebrito despois de visitar a vila arrasada polos incendios / MiguelNuñez

No redeseño do monte para mellorar a protección dos núcleos de poboación terá un papel relevante a creación de faixas protectoras que sirvan como soporte e apoio ós equipos de extinción na loita contra os lumes.

Por iso, unha parte da xornada técnica adicarase a falar sobre o deseño das faixas protectoras e os tratamentos silvícolas a realizar nelas. Expoñeranse as conclusións dos estudos realizados polos investigadores co obxectivo de definir as características das que sexan máis efectivas contra o lume.

Segunda xornada da enorme vaga de lumes que arrasou Galicia en pleno mes de outubro / Miguel Núñez.

A política forestal ten tamén unha especial importancia no proceso de transformación do monte que se sitúa no entorno dos núcleos de poboación, polo que resulta de interese coñecer cales son os criterios cos que se está a traballar, tanto a nivel galego coma no caso concreto do proxecto do Anel Verde promovido polo Concello de Vigo.

Contarase para iso cunha exposición do director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández Couto, e coa participación dun técnico do Concello de Vigo. O evento, que está organizado pola Asociación Forestal de Galicia en colaboración con Montes de Vigo, forma parte do proxecto Biotecfor, financiado polo Programa Interreg España – Portugal.

A asistencia á xornada é gratuita, pero é precisa a inscripción previa no e-mail afg@asociacionforestal.org ou nos teléfonos 986 660 864 ou 981 564 011.

ÚLTIMAS

A cocaína localizada nun colector portuario este martes estaba oculta nun dobre fondo: 520 quilos en 432 paquetes

Os máis de 500 quilos de cocaína localizados nas últimas horas nun colector no...

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...