InicioPolíticaMarea de Vigo alerta de que un fondo voitre ligado a Bush...

Marea de Vigo alerta de que un fondo voitre ligado a Bush pode deixar na rúa a unha nai e as súas fillas

Os ingresos da nai e as tres menores non chegarían aos 500 euros ao mes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo súmase á denuncia da Plataforma de Afectados pola Hipoteca Tui-Vigo, que alerta que o vindeiro mércores unha nai con tres fillas menores pode ser expulsada da súa vivenda, e pide ao Concello e á Xunta que actúen de urxencia poñendo unha solución “inmediata e definitiva” para esta familia viguesa.

Para a Marea de Vigo, o caso desta familia con tres menores e ingresos que apenas chegan aos 500 euros ao mes é un ‘claro exemplo’ da práctica actual da banca, “vendendo o seu activo inmobiliario a fondos voitre, neste caso ao fondo Cerberus, mesmo en moitas ocasións con familias inquilinas dentro, tal e como acontecerá este mércores de chegarse a executar o desafiuzamento”.

Segundo informa a PAH, esta familia pagaba o aluguer ao antigo propietario da vivenda, cambiando posteriormente a titularidade cara ao BBVA e agora a este fondo, Cerberus. A Plataforma tamén manifesta que as dúas administracións con capacidade de buscar solución; Xunta de Galicia e Concello de Vigo, “nin tan sequera reciben de urxencia á familia e simplemente artellan as citas habituais nos servizos sociais sen tomar medidas de urxencia ao tratarse dunha familia con menores”.

Marea de Vigo considera que na nosa cidade e nos concellos limítrofes “se constata o fracaso de programas que acabaron sendo meramente publicitarios como o Programa de Vivenda da Xunta ou as políticas autoproclamadas de loita contra os desafiuzamentos do Concello de Vigo”.

Para eles, serían simplemente “meros parches oportunistas sen recursos económicos suficientes e programas útiles para parar esta lacra que están a vivir centos de familias, especialmente dende o inicio da crise económica.”

Marea de Vigo considera que o feito de que este fondo de inversión norteamericano, ligado a altos cargos da antiga administración neoliberal de Bush e que está poñendo a súa gadoupa especialmente sobre os activos da gran banca do estado español (BBVA, Sabadell…) con moitas propiedades na cidade de Vigo, augura un problema serio de expulsión masiva de inquilinos á que as administracións públicas da cidade “teñen que anticiparse”.

Cerberus está adquirindo o negocio inmobiliario das antigas caixas de aforro así como activos de entidades como Sareb, Bankia e Liberbank.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...