InicioEconomíaPSA-Citroën Vigo anuncia un ERE de 400 traballadores semanas despois das eleccións

PSA-Citroën Vigo anuncia un ERE de 400 traballadores semanas despois das eleccións

O ERE, que está aínda a debaterse, afecta á liña M1.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes da dirección de PSA Peugeot Citroën en Vigo e dos diferentes sindicatos constituirán unha comisión que iniciará, a próxima semana, negociacións encamiñadas á aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego de carácter suspensivo, e que afectará os operarios da liña de montaxe M1 –onde se fabrican os modelos Peugeot 301 e C-Elysée–.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da empresa, que explicaron que esta decisión responde os problemas de baixa demanda e baixa produción deses utilitarios. De feito, esa liña de montaxe xa tivo e seguirá tendo paradas ao longo do que queda de ano precisamente por esas circunstancias.

As negociacións cos sindicatos comezarán a próxima semana e ademais do ERE prevense outras “medidas de industrialización” que afectarán, non só aos 400 operarios que traballan exclusivamente nesa liña de montaxe, senón a máis empregados que realizan labores nesa e outras áreas.

A empresa tampouco avanzou a duración desta medida, aínda que sinalou que o ERE negociarase coa idea de manter a regulación de empregos en tanto duren as actuais circunstancias de baixa produción.

Así, tendo en conta as previsións da propia factoría, a regulación podería estenderse a boa parte do ano 2019, xa que se espera que a cadencia de produción non aumente até finais dese ano –coincidindo coa fabricación do novo modelo, o todocamino coñecido como proxecto V20–.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...