InicioSociedadeA UVigo consegue "éxito histórico" de taxa de ocupación de novo ingreso...

A UVigo consegue “éxito histórico” de taxa de ocupación de novo ingreso en grao cun 104%

En concreto, 3.902 persoas xa se matricularon nas 3.752 prazas de novo ingreso das titulacións de grao que a universidade olívica oferta para o curso 2024/2025.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) conseguiu un “éxito histórico” de taxa de ocupación de novo ingreso en graos ao rexistrar un 104%. En concreto, 3.902 persoas xa se matricularon nas 3.752 prazas de novo ingreso das titulacións de grao que a universidade olívica oferta para o curso 2024/2025.

Segundo o reitor, Manuel Reigosa, isto supón unha “marca histórica” de taxa de ocupación, “cos mellores datos de toda a serie histórica”. Precisamente estes datos centraron parte do informe co que o reitor iniciou a última sesión do consello de goberno deste curso, segundo recolle o diario oficial da universidade (DUVI).

En concreto, tras catro chamamentos para efectuar as matrículas de grao e dobres grao ofertados, o campus de Ourense contabiliza unha taxa de ocupación do 104,24%, con 1.058 matriculados en 1.015 prazas. En Pontevedra, esta porcentaxe é do 104,03%, con 801 novos alumnos en 770 prazas, mentres que en Vigo foi do 103,86%, con 2.043 novos alumnos en 1.967 prazas.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Luisa Sánchez (PP) acusa a Sánchez de “deixar una lista longa de compromisos pendentes” con Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, fixo este martes balance da lexislatura...