InicioEconomíaVigo presume de mulleres empresarias

Vigo presume de mulleres empresarias

Máis de 200 persoas participaron no III Congreso de Mulleres Empresarias celebrado en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 200 persoas participaron no III Congreso de Empresarias Galicia, un evento que foi inaugurado por Susana López Abella, Secretaria de Igualdade da Xunta, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e David Regades, delegado de Zona Franca de Vigo, que coincidiron na importancia desta cita e de propostas que fomenten o emprendemento feminino así como a súa relevancia no tecido empresarial galego.

Xunto a todos eles, Susana Pérez, presidenta da asociación, quixo destacar “a necesidade de espazos nos que se traballe pola visibilidade da muller e onde se aposte polo emprendemento feminino”.

O Congreso contou con profesionais e líderes de diversos sectores empresariais e industriais que compartiron experiencias en relatorios. Directivas de recoñecido prestixio como María Troncoso, de Coca-Cola European Partners, María Hermo, cofundadora do portal Galejobs, Lina Solla de Mariscos Linamar ou Marta Sánchez e Candea Aldao de Mahou-San Miguel; autores como Natalia Sanchidrián ou Javier Cebreiros e científicas da talla de África González, directora do Centro De investigacións biomédicas.

Ademais, o Congreso ofreceu catro talleres formativos, nos que as asistentes puideron aprender ferramentas que aplicar á súa vida profesional, da man da xornalista e fundadora de WomanTalent, Beatriz Recio, a CEO de Rysia Lucía Míguez, Yolanda Saénz de Tejada, autora e experta en visibilidade feminina, e a fotógrafa Nirioxis Rodríguez.

Congreso de Empresarias de Galicia

Unha xornada na que tamén houbo tempo para o networking e o espazo solidario, este ano dedicado a FARAXA, asociación civil que promove a abolición da prostitución.

O momento máis emotivo chegou coa entrada de premios. Este ano entregouse por primeira vez o premio á mellor traxectoria profesional, que recaeu na xornalista Julia Otero e foi recollido por Nacho Capeáns, director de A3 Media e Onda Cero Galicia, de mans da fotógrafa Mari Quintero, gañadora do II Premio Empresarias Galicia da anterior edición.

O III Premio Empresarias Galicia foi outorgado a Anna Scheidgen, CEO de Alfico ( New Balance), que o recolleu emocionada de mans do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e asegurou que este premio é o broche á súa carreira empresarial, anunciando a súa próxima xubilación.

Pola súa banda, Caballero pechou o acto reiterando o seu compromiso co labor de Empresarias Galicia: “Este congreso é unha idea que xa non hai quen a pare, porque voso empuxe vai facer que este proceso das mulleres ocupando o seu espazo na estrutura e o aparello produtivo sexa irreversible e aí estaremos, porque é un camiño que habemos de andar xuntos”.

Para finalizar, a cantante Dania de “El sueño de Calíope” ofreceu un breve recital que fixo que todo o auditorio se puxera en pé, despedindo desta maneira a III edición do Congreso.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...