InicioSociedadePatrimonio autoriza a reforma da Avenida de Madrid de Vigo tras ser...

Patrimonio autoriza a reforma da Avenida de Madrid de Vigo tras ser solicitada polo Concello en marzo

Todo iso tras a polémica de principios do mes de marzo na que o alcalde de Vigo acusou ao Executivo galego de bloquear a reforma.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, comunicou este luns ao Concello de Vigo a autorización do proxecto de humanización da Avenida de Madrid, que foi solicitada polo goberno municipal en marzo. Desta maneira, o departamento autonómico responde así á solicitude para levar a cabo a reforma da devandita vía, no tramo comprendido entre Praza de España e a intersección coa rúa Gandarón (na zona do Alcampo).

Segundo explica a Xunta, a resolución de Patrimonio indica que na contorna de protección existen varios elementos catalogados, como o pazo, os xardíns e a capela de San Roque, o hospital Policlínico Cíes, o Colexio Fogar ou o pazo da Raposeira, polo que lembrou que as intervencións a realizar “resultarán armoniosas coas condicións características do ámbito”. Por iso, deberán buscar a súa integración en materiais, sistemas construtivos, volume, tipoloxía e cromatismo, así como garantir unha contemplación adecuada do ben catalogado. Patrimonio subliña que na zona se descoñece a existencia de xacementos arqueolóxicos, polo que “non hai impedimento” para a execución do proxecto presentado polo Concello.

Todo iso tras a polémica de principios do mes de marzo polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, que acusou o Executivo autonómico de bloquear a reforma da Avenida de Madrid, culpándoo pola falta do visto e prace de Augas de Galicia e de Patrimonio.

Con todo, a Xunta replicou naquel momento que pasaran só cinco días desde que se pediu aprobación a Patrimonio, que ten ata tres meses para responder. Ademais, o Concello non pedira nin o permiso a Augas de Galicia, que o solicitou ao día seguinte ás críticas de Caballero e foi aprobado xa a semana pasada.

Esta situación ocorre tras máis de oito anos coa reforma da Avenida de Madrid pendente. En 2016, o Ministerio de Fomento xa comprometera un investimento duns 13,5 millóns para a obra, pero ese convenio co goberno local caducou ao pasar seis anos.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...