InicioSociedadeO TSXG acolle o luns a apelación da condena de 20 anos...

O TSXG acolle o luns a apelación da condena de 20 anos ao home que asasinou á súa veciña na rúa Zamora de Vigo

O maxistrado declarara ao acusado culpable dun asasinato con aleivosía e ensañamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolle este luns a vista de apelación contra a sentenza que condenou a Pablo P.V. a 20 anos de prisión, polo asasinato da súa veciña María Jesús C.F. nun edificio da rúa Zamora de Vigo, en outubro de 2022.

O procesado foi xulgado por estes feitos por un tribunal de xurado, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica. O tribunal popular declarou a Pablo P.V. culpable dun asasinato con aleivosía e ensañamento (unha agravante que a Fiscalía non contemplou inicialmente pero, tras o pronunciamento do xurado, elevou de 18 a 20 anos de cárcere a súa petición de pena). O xurado non considerou probado que actuase afectado por unha alteración psíquica.

En base a ese veredicto, o tribunal provincial condenou ao acusado á pena de 20 anos de prisión e na súa sentenza viu acreditado que Pablo P.V. tiña “problemas de convivencia” coa súa veciña debido aos ruídos que, segundo o home, facía María Jesús.

O día dos feitos, 23 de outubro de 2022, ambos tiveron un encontro no exterior do edificio e a muller espetoulle “vaite á merda”. A continuación, o home subiu ao seu piso e alí a esperou, mentres vixiaba pola mirilla, a que María Jesús chegase á súa casa, dúas portas máis aló.

Uns 40 minutos despois, a vítima pasou por diante de casa de Pablo e dirixiuse á súa porta. Cando estaba a abrir, o acusado achegóuselle por detrás e atacouna por detrás, de maneira sorpresiva, cun coitelo, causándolle tres feridas (dúas delas mortais) sen que ela puidese reaccionar ou defenderse.

Na sentenza da Audiencia, o maxistrado sinala que, ademais da aleivosía, o acusado actuou con intención de agravar o sufrimento da vítima, é dicir, con ensañamento, e que “a forza do ataque foi tal, que o mango do coitelo rompeu e a folla quedou dentro do corpo da vítima”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...