InicioSociedadeCatro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

Os maxistrados consideran que a declaración da vítima é o suficientemente consistente como para desvirtuar o principio de presunción de inocencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor en portal da cidade de Vigo. A sección quinta da audiencia pontevedresa, con sede en Vigo, emitiu unha sentenza condenatoria, contra a que cabe recurso, contra un home que xa fora condenado a 20 anos de cárcere en 2010 por un delito de agresión sexual sobre menores de idade.

Neste caso, os feitos tiveron lugar na tarde do 11 de xaneiro de 2024. O tribunal considera probado que o procesado esperou no portal dun inmoble á chegada dunha menor, entrou ao edificio detrás dela e cando esta chamaba ao ascensor díxolle que lle fixese unha felación.

“Ante a negativa da menor, co propósito de satisfacer os seus desexos sexuais, agarrouna polas nádegas e bicouna, meténdolle a lingua na boca”, indican os maxistrados na sentenza, na que aprecian que a declaración da vítima é o suficientemente consistente como para desvirtuar o principio de presunción de inocencia.

Ademais da pena de prisión, que se ve agravada por ser reincidente, o tribunal tamén impón unha inhabilitación por un período de catro anos para o exercicio de dereitos da patria potestade, tutela, garda ou acollida, así como a prohibición para desempeñar calquera profesión ou actividade relacionada con menores durante sete anos.

Así mesmo, tamén o sentencia a tres anos de liberdade vixiada, que se executarán con posterioridade á pena privativa de liberdade.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...