InicioSociedadeXulgan este mércores en Vigo a dous acusados de estafar máis de...

Xulgan este mércores en Vigo a dous acusados de estafar máis de 80.000 euros coa venda de aparellos médicos

Piden para eles tres e dous anos de prisión, respectivamente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este mércores, día 24 de abril, a dous acusados de estafar máis de 80.000 euros coa venda de aparellos médicos. O caso procede do Xulgado de Instrución número 7 da cidade olívica e, polos feitos que se lles imputan, pídense 3 anos de prisión para un dos procesados, polos delitos de falsidade en documento mercantil e de estafa, e dous anos de cárcere para a outra acusada, só polo delito de estafa.

Segundo recolle Fiscalía no seu escrito, os feitos ocorreron a principios de 2021, cando o acusado se presentou como director xeneral dunha compañía, a cal non existía, pero a súa parella era a socia única dunha empresa de nome similar e domiciliada en Vigo.

O home, “con ánimo de enriquecemento patrimonial ilícito e sen inicial intención de cumprimento”, ofreceu á venda dez equipos médicos de endoscopia, que foron comprados por unha empresa norteamericana por 85.000 euros, elaborando para iso unha factura fraudulenta.

Tras o ingreso de case 83.000 euros por parte da firma que adquiriu os aparellos, o procesado non enviou os equipos, salvo unha máquina valorada en 16.000 euros. Tampouco devolveu o diñeiro. Por iso, o Ministerio Público pide para el 3 anos de cárcere por un delito de falsidade en documento mercantil e outro de estafa, así como para a súa parella dous anos de cárcere por estafa.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...