InicioSociedadePersoal de ambulancias de Vigo denuncian atrasos no pago das nóminas durante...

Persoal de ambulancias de Vigo denuncian atrasos no pago das nóminas durante o último ano

A CIG, CC.OO. e USO solicitarán que o servizo sexa asumido directamente pola Xunta e que a Consellería de Sanidade pague os salarios sen cobrar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal da empresa Ambulancias do Atlántico, actual concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña e que tamén presta o servizo de transporte sanitario dos hospitais para todo a área da cidade olívica, denunciou este venres ante Inspección de Traballo que levan un ano acumulando atrasos no abono das súas nóminas.

Segundo recolle a CIG nun comunicado, esta situación complicouse máis este mes de marzo ao cobrarse a paga extra correspondente unha semana máis tarde do establecido e, sobre todo, “porque na actualidade aínda non cobraron a mensualidade de marzo”. Isto supón, a xuízo da organización sindical, un incumprimento do acordo coa empresa, “que obriga a facelo antes do último día de cada mes”.

A CIG cargou contra o dono da compañía, o empresario catalán Carlos Simón García, a quen acusou de non contestar os requirimentos presentados polo persoal nin as chamadas. “Froito desta situación, a recentemente designada directora de Recursos Humanos abandonou a empresa sen presentarse ao traballo dun día para outro e o director da compañía está de baixa médica. Por estes motivos, o propio persoal, que aínda non cobrou, é o encargado de xestionar integramente o funcionamento da empresa”, criticou o sindicato.

Por todo iso, a CIG dixo que o vindeiro luns, xunto con CC.OO. e USO, comunicaralle ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) e ao 061 a situación, solicitando que o servizo sexa asumido directamente pola Xunta e que a Consellería de Sanidade pague os salarios sen cobrar.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...