InicioSociedadeAprobado o proxecto para reformar a bancada de Gol en Balaídos por...

Aprobado o proxecto para reformar a bancada de Gol en Balaídos por máis de 25,6 millóns de euros

Contémplase que o custo das obras ascendámoslo a máis de 25,6 millóns de euros. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto de reforma da nova bancada de Gol, no estadio municipal Abanca Balaídos, no que se contempla un importe de máis de 25,6 millóns de euros. Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, nas que explicou que a nova bancada será “practicamente unha réplica” da bancada de Marcador, e estará situada a só 8,5 metros do terreo de xogo, en paralelo coa liña de fondo.

As obras permitirán incrementar o aforamento nesa parte do estadio, pasando de 4.000 a uns 6.500 espectadores. Entre as actuacións, prevese a construción de 6 grandes escaleiras e a instalación de 8 ascensores, dando servizo tamén ás bancadas de Río e Tribuna, e xerando un anel perimetral de bancadas conectadas. Ademais dos cambios na cuberta, os asentos ou a iluminación, o proxecto contempla a construción dun gran tanque de almacenamento de augas pluviais para a súa reutilización como auga de rega no céspede.

Abel Caballero explicou que “a gran novidade” é a creación de “un novo espazo porticado de máis de 500 metros de lonxitude, enlanzando o anel de soportais de Gol e Marcador entre si, e creando un novo espazo público cuberto”. Isto, engadiu, implicará “a intervención” sobre a fachada xa reformada da bancada de Tribuna. A construción do aparcadoiro subterráneo acometerase nunha fase posterior.

Finalmente, o alcalde afirmou que o Concello está “a esperar” a que a Deputación de Pontevedra “firme o convenio” para cofinanciar os traballos, pero engadiu: “Arrincamos xa, porque queren atrasarnos”. Tras a aprobación do proxecto, o seguinte paso será licitar e adxudicar as obras, e fixar o investimento concreto así como a forma en que se financiará, xa que segue pendente ese convenio entre Concello e Deputación. De feito, o orzamento municipal de 2024 reserva partidas mínimas para esta obra (uns 300.000 euros), aínda que o alcalde anunciou hai meses que a súa intención era empezar os traballos cara a finais deste ano, mentres que a institución provincial reservou nas súas contas unha partida de 2,5 millóns.

ÚLTIMAS

O estaleiro vigués San Enrique remata con éxito o seu primeiro encargo para a eólica mariña

O estaleiro vigués San Enrique (antigo Vulcano) completou a entrega dos últimos paneis estruturais...

Arrinca en Vigo unha complexa operación para estabilizar a carga do portacontedores ‘María Francisca’

A Autoridade Portuaria de Vigo iniciou os traballos de eliminación e estabilización da carga...

Abel Caballero negociará con varias aerolíneas aproveitando a presenza de Vigo en Fitur

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que aproveitará a súa presenza e a...

Tres feridos despois de que un coche se saíse da vía e rematase empotrado nunha casa en Coruxo

Tres persoas resultaron feridas este martes ao saírse da estrada o vehículo no que...