InicioSociedadeUn científico vigués deixa a España "en ridículo" ao comparar os presupostos...

Un científico vigués deixa a España “en ridículo” ao comparar os presupostos do fútbol co de I+D

PUBLICADO O

O vigués Francisco Rodríguez traballla como científico titular no IEO, un organismo público de investigación que está sufrindo unha gran crise institucional. E na súa conta de Twitter, @Lilestak, conseguiu certo impacto social coa publicación dun tweet que compara os presupostos de equipos de fútbol españoles, franceses e alemanes cos organismos públicos de investigación deses países.

O propio Rodríguez recoñece ser seguidor do fútbol, e o éxito dos equipos españois estes anos en Europa, que acadaron 8 das últimas 15 Champions e 9 das derradeiras Europa Leagues. Tamén contamos no Estado con 11 das 15 Supercopas de Europa de máis recente celebración.

Pero o científico compara isto con que “toda España ten só 2 premios Nobel científicos, ambos en medicina, Santiago Ramón y Cajal no 1906 e Severo Ochoa en 1959″, é dicir, hai case 60 anos. “E non o logrou ningún estranxeiro traballando en centro españois”, subliña.

O problema, apunta Rodríguez, é de “modelo”. E fai esta pequena reflexión: “Barcelona e Real Madrid golean ao CSIC en España, mentres que os principais organismos públicos de investigación de Alemaña, Francia ou Inglaterra deixan moi atrás os presupostos dos mellores equipos desas ligas. O UK Research & Innovation, por exemplo, multiplica por 9 o presuposto do Manchester United, por 11 o do City…”

E fútbol e ciencia, defende Rodríguez, “non son excluíntes nin comparables. Pero chama moito a atención comprobar desta forma tan evidente o peso relativo de ambos os asuntos entre os devanditos países”.

Comparativa de presupostos/ Fernando Rodríguez vía Twitter

E se falamos en termos porcentuais co PIB, España invirte só o 1,2% do PIB en I+D, sendo un 2% a media da UE: “Reino Unido inviste 1.7%, Francia 2.2% e Alemaña 2.9%. Ocupamos o posto 17 dentro da UE. Que pensan vostedes de todo isto? Eu polo menos sentiríame máis identificado cun país onde a investigación ocupase o lugar que se merece”, lamenta.

Francia e Alemaña recoñecen a importancia da ciencia para o presente e o futuro dos seus países, mentres que en España a desidia dos sucesivos gobernos deixaron a ciencia nun estado deplorable, mesmo eliminando un ministerio específico do mapa político nalgunhas lexislaturas”, engade.

Conclúe dirixíndose aos gobernantes: “A ciencia española non vos importa ou polo menos non o demostrades. Tampouco parece que vos afecten as causas (nin as consecuencias) da fuga de mozos investigadores e profesionais cualificados ao estranxeiro, moitos deles formados en universidades públicas, que se integran en institucións estranxeiras de maior envergadura que as nosas ao ofrecerlles a posibilidade de desenvolver unha carreira científica que moitas veces se lles negou”.

“Alí fóra tamén é difícil e a ninguén lle regalan o traballo. Pero se España investise proporcionalmente ao PIB o mesmo que Francia, Alemaña ou Reino Unido, seguiríamos presumindo de fútbol por Europa, pero ademais teríamos un país máis moderno, xerador de riqueza e de emprego de calidade, que atraería non só a millóns de turistas, que está moi ben, senón que gozaría dunha economía máis próspera e un maior benestar das persoas. E menos frustración para unha xeración que se formou con toda a ilusión e o esforzo do mundo sen o soporte adecuado para continuar unha carreira profesional digna e acorde coa súa titulación académica”, lamenta.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...