InicioEconomíaPoñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A iniciativa está financiada a través dos fondos europeos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en Vigo, que están xa dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade olívica. Tal como anunciou o alcalde, Abel Caballero, haberá 10 bicicletas en cada un destes parkings, onde se inclúe o de Avenida de Castelao, o de Jenaro de la Fuente, o de Policarpo Sanz, o de Areal, o de Pintor Colmeiro, o de Urzaiz e o de Praza da Independencia.

O rexedor explicou que os vehículos se poden devolver en calquera aparcadoiro e poden reservarse previamente. Esta iniciativa está financiada a través dos fondos europeos.

Todo iso despois de que a semana pasada o goberno local autorizase a instalación de estacións de recarga de vehículos eléctricos e de bicicletas nos aparcadoiros subterráneos.

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...