InicioSociedadeCondenan a un banco a pagar a un matrimonio de anciáns 114.000...

Condenan a un banco a pagar a un matrimonio de anciáns 114.000 euros por comprar un piso que nunca recibiron

O xuíz considera que a entidade bancaria é a responsable desta situación por non esixir os correspondentes avais á promotora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de primeira instancia número 3 de Vigo condenou a unha entidade bancaria a pagar a dous octoxenarios ourensáns máis de 140.000 euros polos adiantos que realizaron para a compra dun piso sobre plano que nunca recibiron. En concreto, o xuíz considera que é o banco o responsable desta situación por non esixir no ano 2006 e 2007 os correspondentes avais á promotora que ía construír o edificio en Vigo, para responder fronte aos compradores en caso de non entregar o piso reservado.

Así, a entidade terá que pagar algo máis de 87.000 euros máis intereses, sumando un total que supera os 140.000 euros. Todo iso despois de que os anciáns pagaran máis de 73.600 euros polo piso e 13.400 euros pola praza de garaxe. Ditas cantidades foron ingresadas nunha conta corrente que a promotora tiña na entidade demandada ou por medio de cheques bancarios que a promotora ingresou na devandita conta.

“O Banco admitiu os ingresos dos compradores na conta do promotor, sen esixir a correspondente garantía legal esixida. É dicir, uns avais por esas cantidades ingresadas. Por conseguinte, a entidade bancaria demandada non garantiu a devolución das cantidades entregadas polos compradores de forma anticipada á construción do inmoble adquirido en proxecto, para o suposto de que a obra non chegase a bo fin”, reivindica o avogado do matrimonio, Juan José Pérez Barreiro.

Finalmente, o edificio proxectado pola promotora non foi construído totalmente pola devandita empresa, xa que a compañía non cumpriu coas obrigacións de pago do préstamo que á súa vez solicitou ao banco, executándose o mesmo e dando lugar á poxa do chan onde se ía a construír o inmoble.

Así, o solar, co edificio a medio construír, foi adxudicado a outra promotora, que finalmente vendeu os pisos a outras persoas, quedándose o matrimonio sen vivenda.

A pesar de todo, a sentenza non é firme, xa que cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas...