InicioEconomíaPoñen en dúbida a recuperación do sector naval en Vigo como parte...

Poñen en dúbida a recuperación do sector naval en Vigo como parte dunha “campaña de desinformación”

PUBLICADO O

A CIG-Industria de Vigo cualifica como “campaña de desinformación” da patronal a “suposta” recuperación do sector naval da ría de Vigo e alerta de que “está a xerar falsas expectativas” nun grande número de desempregados”.

Os membros da executiva comarcal da federación negan negan que exista un déficit de profesionais, e expresaron as súas “sospeitas” sobre o interese do empresariado en obter fondos para formación.

César Rodríguez, responsábel do naval da CIG-Industria de Vigo, salientou que “non existen datos contrastados que apoien o triunfalismo da patronal nos medios de comunicación, e están a enganar á sociedade ao falar da necesidade de 2000 ou 3000 novos traballadores para o sector”.

Moi ao contrario, defenden que“ salvo contadas excepcións como Freire e Armón, con dúas ou tres unidades en carteira, a maioría de estaleiros están a construír un único pedido e non contan con previsións para o futuro, tal e como sucede en Barreras, Cardama ou Metalships”. A iso súmase, segundo os sindicalistas, a situación incerta de Vulcano.

César Rodríguez lembrou á patronal que os 10.000 traballadores cos que chegou a contar o naval de Vigo en 2007 “non desapareceron da noite para a mañá”, senón que emigraron a países como Francia, Holanda, Noruega.. Ou a Asturias e Euskadi.

Outros, indica, “víronse na obriga de cambiar de sector ou a xubilarse con pensións miserentas aos 61 anos despois de contribuíren durante anos a levantar o sector”, que agora mesmo contaría con arredor de 2000 traballadores en activo.

Autoridades na botadura do Ritz/ Miguel Núñez

Acusa a Asime de “chamamentos irresponsábeis” e de “xogar coas esperanzas da xente”, e tamén “a realidade dun sector precarizado no que a maioría dos casos os traballadores entran e volven saír do paro aos poucos meses, e onde se está a incumprir diariamente o convenio”.

A recuperación do sector, asegura, producirase “cando se consolide a carga de traballo nunhas condicións dignas, asegurando a continuidade dos postos e permitindo o retorno do persoal emigrado”.

O comité alerta “dos perigos da incorporación masiva de man de obra sen experiencia previa no sector, o que sumado á precariedade e á falta de control de Inspección podería aumentar o risco de accidentes laborais”.

O negocio da formación

Manuel Simón, responsábel de negociación colectiva e formación da CIG-Industria en Vigo, expresou dúbidas sobre os motivos reais de Asime ao enfatizar a necesidade de cursos de formación, “dando a impresión de que se utiliza esa suposta necesidade de traballadores para xustificar o financiamento público dos mesmos”.

Explicou que Aclunaga, o clúster da patronal, obtivo para este ano un millón de euros para formación en toda Galiza coa “escusa” de formar 800 traballadores, unha cifra parella á do ano anterior: “Estariamos falando de 1600 operarios formados en dous anos”.

Porén, e segundo indicou, a central non ten constancia sobre a existencia destes cursos, tan só de charlas de prevención nos estaleiros, albergando a sospeita de que “están a utilizar estes fondos con outras finalidades”.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...