InicioSociedadeAcusan ao sindicato SIT-FSI de empregar un automóbil de PSA-Vigo para a...

Acusan ao sindicato SIT-FSI de empregar un automóbil de PSA-Vigo para a súa campaña electoral

PUBLICADO O

- Advertisement -

A representación do sindicato CIG na Mesa Electoral Central de PSA-Citroën está a denunciar “os privilexios outorgados pola empresa á central sindical SIT-FSI, que emprega un vehículo de uso interno para realizar campaña de cara aos comicios do vindeiro 21 e 22 de outubro”.

A CIG de PSA-Citroën alerta de que na mañá deste luns “sorprendemos un candidato do sindicato pro-empresa SIT-FSI facendo uso dun automóbil de uso interno para o traslado de material electoral”.

Fronte a isto, lembran que “o regulamento da empresa prohibe a utilización destes vehículos para usos persoais sen previa autorización, e que non teñen constancia que a Mesa Electoral Central así o permitira”.

Por tanto, esixen ao organismo electoral que desaprobe esta actuación, ou, no caso, que se aporten as argumentacións necesarias por parte da dirección para xustificar este “trato de favor”.

Defenden ademais que este “non é un caso illado, se non a proba palpábel dos privilexios cos que conta SIT-FSI por traballar en prol da dirección”.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...